Tag: castro de chandebrito
Nigrán acomete unha nova fase da escavación do Castro de Chandebrito para consolidar o recinto amurallado primixenio
O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito continuarán coa escavación e musealización do Castro de Chandebrito acometendo traballos para conservar, consolidar e restaurar a muralla superior do primeiro recinto, datada no VIII a.C. Con este obxectivo o Concello tramitou xa unha subvención por importe de 13.000 € á Deputación de Pontevedra destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural.