Tag: brassica rapa
A fanfarria feminina ‘Brassica Rapa’ chega este venres á Praza do Seixo de Tomiño
A fanfarria galega totalmente feminina 'Brassica Rapa' chega a Tomiño para ofrecer este venres un concerto ás 22:30 horas na Praza do Seixo. Trátase dunha brass band nada a finais de 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado integramente por mulleres, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, con a que a festa está asegurada.