24.6 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis

    Tag: bitcoin

    A tecnoloxía do Bitcoin, eixe da conferencia de Martín López no Ciclo Aida Fernández

    A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebran este xoves, día 19, ás 19.00 horas, unha nova sesión do ciclo de conferencias Aida Fernández de los Ríos. Desta volta co seminario virtual “A tecnoloxía das cadeas de bloques: alén do bitcoin e contra o coronavirus”, que será impartido polo profesor Martín López Nores, doutor do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.