20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: beirarrúas

    Ponteareas investirá máis de 37.000 € na reparación de beirarrúas no casco urbano

    A concellería de Vías e Obras do concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, informa que se ven de adxudicar por 37.299,15 € (IVE incluído) o contrato do proxecto de reparación de beirarrúas en distintos puntos do centro urbano. Esta adxudicación supón un aforro de 13.077,9 € para as arcas municipais respecto ao prezo de saída de licitación.

    Ponteareas acomete o mantemento de beirarrúas e mellora da accesibilidade

    A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas está a desenvolver diferentes traballos de mantemento de beirarrúas e de mellora da accesibilidade en distintos puntos do centro urbano e a súa contorna, obras que o Concello ponteareán está a afrontar con fondos propios. Máis polo miúdo, na...

    Mos inicia en Puxeiros un programa de lavado de todas as beirarrúas do concello

    O Concello de Mos deu comezo, o luns 4 de marzo, o programa de lavado de beirarrúas a cargo do servizo municipal de limpeza do Concello de Mos que, para este traballo, conta cunha máquina especializada de gran tamaño cun sistema de auga a presión, e unha manual de...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.