Tag: aves
Avifauna en período de cría en Redondela
O grupo de traballo de medio ambiente do Concello de Redondela ven de rexistrar na zona da marisma do río Pexegueiro, anexa ás pistas de tenis e Instituto IES Mendiño, un exemplar femia de cisne (Cygnus olor), ave da familia dos anátidos. Este cisne atópase agora mesmo en período de cría.