Tag: autobuses
O Concello de Redondela demanda á Xunta unha solución “urxente” á paralización do servizo de autobús á praia de Cesantes
O Concello de Redondela vén de esixir á Xunta de Galicia unha “solución urxente” á paralización do servizo de transporte de viaxeiros entre o casco urbano de Redondela e a praia de Cesantes.
Nigrán solicita á Dirección Xeral de Mobilidade cambios nos horarios das liñas do interior para beneficiar aos pacientes dos centros de saúde
O Concello de Nigrán trasladou oficialmente á Dirección Xeral de Mobilidade a súa petición de cambiar certos horarios das liñas do interior co fin de beneficiar aos pacientes dos centros de saúde de Panxón e A Xunqueira.
O Concello traslada á Xunta as incidencias co transporte público que sufre o Rosal
Pasados uns meses da entrada en funcionamento da nova concesión do transporte público dependente da administración autonómica, o Concello do Rosal trasladou á Xunta de Galicia algunhas das incidencias e problemas que sofre a veciñanza.
Hoxe incorpóranse cambios no Transporte Urbano de Mos
Desde a Concellería de Mobilidade do Concello de Mos, que dirixe a edil Julia Loureiro, infórmase de que o Servizo de Transporte Urbano Municipal, TUM, do Concello de Mos incorpora algúns cambios que entrarán en vigor hoxe luns 1 de febreiro.
Feridos unha vintena de pasaxeiros dun autobús que bateu contra un cabalo en Oia
Unha vintena de persoas resultaron feridas como consecuencia dun choque entre un autobús e un cabalo na PO-552, ao paso polo concello pontevedrés de Oia.
A maior parte dos feridos, os máis leves, foron trasladados nun autocar da mesma compañía ao centro hospitalario de referencia, mentres que os que presentaba lesións de maior consideración, en concreto sete pasaxeiros, foron evacuados en ambulancias aos diferentes hospitais da zona.
Autos González reforza a liña Vigo-Redondela para o ‘Entroido de Verán’
A empresa de transporte de viaxeiros por estrada Autos González vén de anunciar o reforzo da liña Vigo–Redondela con motivo do Entroido de Verán, que se celebra o vindeiro sábado 24 de agosto. En concreto, a compañía incrementará as frecuencias dos autobuses entre Vigo e Redondela, que sairán...