Tag: ateneo
Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres unha conferencia sobre “O monacato rural feminino na Idade Media”
Lucenza - Ateneo de Nigrán organiza este venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro da terceira idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha conferencia sobre “O monacato rural feminino na Idade Media”.
Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Florencio Delgado Gurriarán
Lucenza - Ateneo de Nigrán organiza este venres 13 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal, unha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero, que leva por título “Florencio Delgado Gurriarán: republicano, galeguista, exiliado”.
Presentación pública de Lucenza-Ateneo de Nigrán
Lucenza-Ateneo de Nigrán realizou este venres 28 de xaneiro, no Auditorio municipal, a súa presentación pública, que contou cunha nutrida concorrencia de público. Durante o acto o seu presidente, Xabier Méndez, e algunhas socias e socios da entidade, explicaron ao público os obxectivos da asociación e as actividades que van desenvolver nos vindeiros meses.
Lucenza homenaxeará a Darío Xohán Cabana durante a súa presentación ao público este venres en Nigrán
A asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán levará a cabo unha pequena homenaxe ao escritor Darío Xohán Cabana, recentemente falecido, durante a súa presentación como asociación este venres, 28 de xaneiro, no auditorio municipal, ás 20.00 horas.