Tag: asociación de comerciantes tea
‘MercaSerán’, a gran festa do comercio de Ponteareas
O concello de Ponteareas presentou hoxe o 'Mercaserán', unha iniciativa do comercio ponteareán que une esforzos para pór en valor a súa ampla oferta de servizos e produtos. A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, presentaron hoxe xunto a membros da Asociación de Comerciantes Tea e a membros de BANASTRA esta primeira edición que terá lugar o vindeiro venres 14 de agosto seguindo tódalas medidas de seguridade e distanciamento COVID-19.