7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: aavv torroso

    A alcaldesa reúnese sobre a sentencia do TSXG coa A.VV. de Torroso, representante de parte dos veciños de Mos usuarios da PassVigo

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rechaza calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”. Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez. A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”. A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador. Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.

    A Asociación de Veciños de Torroso asinou hoxe a cesión de terreos que permitirá a humanización da contorna parroquial de San Mamede

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo Gómez e o concelleiro de urbanismo e edil da parroquia de Torroso, Alberto Mendez Lago; reuníronse esta mañá co Presidente da Asociación de Veciños de Torroso, Juan José Romero Dominguez e demais membros da Xunta directiva, para proceder á sinatura da cesión de terreos do que na actualidade é o proxecto máis grande de toda Galicia do Plan Hurbe, ascendendo o orzamento total da obra de humanización a case 400.000 euros, 390.000 euros para ser exactos. Dos que a administración autonómica asume o 70% e o Concello financia un 30%.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.