17.4 C
Pontevedra
Mércores, 31 de Maio de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Pazo de Vilavella acolle, o xoves, 'Oito olladas sobre a folga...

    O Pazo de Vilavella acolle, o xoves, ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8-M’

    A xira de presentación da publicación “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”, editada por Galaxia e froito da iniciativa da Deputación de Pontevedra, chega este xoves, 7 de febreiro, ás 20.00 horas a Redondela. Tralo aprazamento do acto unha semana para evitar a súa coincidencia co pleno municipal e trala negativa do alcalde da vila, Javier Bas, a ceder un espazo no Multiusos de Redondela para acoller esta presentación, a Deputación de Pontevedra dará a coñecer a publicación no Pazo de Vilavella.

    O goberno de Carmela Silva lamentou esta mañá que “as e os servidores públicos poñan trabas para espallar a igualdade entre a sociedade. É vergoñento que soamente tres días antes do acto, cando xa o tiñamos anunciado e difundido á opinión pública, cando ademais hai salas libres no Multiusos, o alcalde Javier Bas nos negue un espazo público para presentar esta obra. Agora non será nun espazo público pero farémolo. Este xoves ás 20.00 horas no Pazo de Vilavella de Redondela presentaremos “Oito olladas”, porque non queremos que a actitude sectaria do Partido Popular nos impida estender os principios da igualdade entre a veciñanza do concello”.

    “Oito olladas sobre a Folga Feminista do 8 de marzo” trátase dunha publicación coordinada por Inma López Silva que recompila as reflexións e vivencias de oito mulleres sobre a histórica xornada do pasado 8 M e sobre as súas propias experiencias de ser muller nunha sociedade machista. Máis polo miúdo, nesta obra colectiva recóllense as olladas de López Silva pero tamén da xuíza Paz Filgueira, da matrona Susana Iglesias, a xornalista Susana Pedreira, a profesora e fotógrafa Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a estudante Sandra Núñez e a libreira Mercedes Corbillón. Tres delas, Susana Pedreira, Ana Fresco e Sarai González, estarán este xoves a partir das 20.00 horas no Pazo Vilavella xunto a Inma López Silva e á presidenta da Deputación Carmela Silva.

    A obra “Oito olladas sobre a folga feminista” está colleitando un notable éxito e xa vai pola súa segunda edición. Para dala a coñecer entre a cidadanía, a institución provincial está realizando unha xira de presentación por toda a provincia que pasou xa por Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Baiona congregando unha elevada afluencia de público. Esta semana a xira chega a Redondela e continuará nas vindeiras por Salceda de Caselas, Ponteareas e Bueu.

    Pontevedra, 5 de febreiro de 2019

    Saúdos

    Gabinete de Prensa

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS