12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO PP de Ponteareas reclama unha modificación orzamentaria destinada destinada a Centros...

    O PP de Ponteareas reclama unha modificación orzamentaria destinada destinada a Centros Culturais

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou unha moción, para ser tratada no próximo pleno extraordinario que se celebrará o 18 de febreiro ás 20:00 horas, co obxectivo de que o Concello invista en centros culturais de diferentes parroquias. O escrito dos populares insta ao alcalde e ao seu Goberno municipal “a facer modificacións orzamentarias de diversas cantidades. Unha de 150.000 euros para o inicio da rehabilitación da casa adquirida cun préstamo a oito anos da Xunta na parroquia de Pías”.

    Do mesmo xeito outra das cantidades, de 150.000 euros, iría para o remate do Centro Cultural de Ribadetea, así como outra de 50.000 euros para a reparación da cuberta do Centro Cultural do Coto en Padróns e outra de 150.000 euros para a construción dun novo Centro Cultural na parroquia de Paredes.

    Na prórroga do Orzamento Xeral municipal do 2018 para o ano 2019, sinalan os populares, “non aparece ningunha partida económica para continuar coa construción e rehabilitación de centros culturais parroquias”. O PP considera que “a mellor situación económica do Concello” permite continuar financiando obras de mellora e construción de centros culturais. 

    Durante este mandato, o Goberno non inaugurou nin un só centro cultural a diferencia do que se viña facendo nos gobernos anteriores. Por todo isto, o Partido Popular agarda que o alcalde e o seu equipo de goberno “impliquense nesta necesidade e dean resposta, dunha vez, ás necesidades dos veciños das parroquias de Ponteareas”. Xa non sirve agocharse baixo a escusa da falta de cartos posto que poden facerse modificacións orzamentarias e hai cartos da Deputación que poden ser empregados para esta fin.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS