Sábado, 3 Maio de 2025

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará no Rosal en xaneiro

As persoas interesadas xa poden pedir cita a través da páxina web sycitv.com ou do teléfono 902 30 90 00

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará  situada diante do pavillón municipal o mércores 26 e o servizo prestarase en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas xa poden solicitar cita previa:

  • Por teléfono no 902 30 90 00.
  • A través da páxina web sycitv.com, no apartado Cita previa.

Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.