Sábado, 3 Maio de 2025

A música continúa no Rosal co XI Concerto Coral Ecos do Nadal

A Coral Ecos do Folón de Fornelos actuará este sábado 11 ás 19 h no auditorio acompañada do Coro Passionato de Tomiño

A música continúa esta fin de semana no Rosal coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas organizada pola Coral Ecos do Folón de Fornelos en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, co Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Santa Mariña do Rosal.

O espectáculo será o vindeiro sábado 11 de decembro ás 19.00 horas no auditorio municipal, con entrada de balde ata completar aforo. Nesta actuación, a Coral Ecos do Folón estará acompañada polo Coro Passionato de Tomiño. O público poderá desfrutar dun repertorio especial de nadal baixo a dirección de Jorge Fernández e dun espectacular final en grupo.