Sábado, 21 Xuño de 2025

Val Miñor

Nigrán renova o convenio con Fegatea que permitirá levar ao municipio 6 compañías de teatro afeccionado ao longo do 2023

O Concello de Nigrán ven de asinar o seu terceiro convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o cal achegará 3.750 € para traer a Nigrán durante este ano 6 obras de compañías de teatro afeccionado de toda a comunidade. En calquera caso, Fegatea colaborará con 750 € e realizará unha convocatoria específica para esta acción entre os seus asociados, sendo o Concello quen despois elixa entre todas as propostas presentadas.

Baiona acollerá a máis de 500 deportistas amantes do baloncesto no Torneo de Minibasket

Os próximos 1 e 2 de abril o pavillón de deportes de Baiona acollerá o 'Torneo de Minibasket' que reunirá a 32 equipos de toda Galicia, Portugal e do territorio nacional. No torneo que esta mañana foi presentado no Concello de Baiona, participarán 16 equipos femininos e 16 masculinos todos eles ca categoría Alevín.

Comeza en Baiona o curso “Con voz propia”

Tralo éxito do ano pasada do programa “Con voz propia”, a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller (CIM), volve apostar por esta actividade, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres.

Nigrán abre a inscrición para o ‘escape room’ educativo do 25 de marzo «Desmontando a igualdade»

O Concello de Nigrán, dentro da programación do 'Mes Violeta' con motivo do 8 de marzo, ofrece o 25 de Marzo o escape room educativo “Escapa da desigualdade” para o que é preciso inscribirse previamente a partir do xoves 16 de Marzo (as persoas interesadas deberán remitir cuberto un formulario pendurado en www.nigran.es ao enderezo [email protected]).

Quince persoas desempregadas de Baiona adquiren competencias en manexo de carretillas elevadoras

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, fixeron entrega dos diplomas acreditativos as persoas participantes no curso de “Carretilla Elavadora” ofertado de forma gratuíta polo Concello de Baiona, unha iniciativa que responde á necesidade detectada polo Cocello de realizar este tipo de iniciativa de cara a mellorar as posibilidades de inserción laboral das e dos participantes.

O ‘II Trofeo Concello de Nigrán’ celebrarase mañá mércores

Finalmente, o Valinox Novás de O Rosal (División de Honra Prata) e Cisne de Pontevedra (Asobal) disputarán este mércores, 15 de marzo, no Pavillón Municipal de Panxón ás 20:30 horas o ‘II Trofeo Concello de Nigrán’, sendo a entrada de balde.

Nigrán transformará o CEIP da Cruz en Camos

O Concello de Nigrán será no vindeiro curso un referente pedagóxico en toda Galicia grazas á transformación dos patios do CEIP da Cruz (Camos) e CEIP Carlos Casares (Vilariño) en auténticos bosques-escola. Co fin de poder licitar ambas obras nas próximas semanas, o goberno local consignará no pleno do 27 de Marzo un total de 124.000 € para o CEIP da Cruz e 117.932 € para o CEIP Carlos Casares.

Baiona opta a Fondos Next Generation cun proxecto para “revitalizar o Casco Histórico”

O Concello de Baiona opta de novo a fondos Next Generation da UE para elaborar un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD) cun proxecto dirixido ao casco histórico da vila.

Balance positivo da Festa da Arribada 2023

Uns días despois da XXVII Festa da Arribada que se celebrou en Baiona a pasada fin de semana, o alcalde da localidade, Carlos Gómez Prado, fai un balance moi positivo da Festa de Interese Turístico Internacional.

Nigrán ofrece unha ruta teatralizada este domingo

O Concello de Nigrán, Teatro do Ar e Somos Terra, dentro da súa programación conxunta do 'Mes da Natureza', ofrecen o domingo 12 de marzo ás 11.00 horas unha ruta teatralizada polo sendeiro dos muíños de Camos (Os Matos-Río Táboas).

Baiona xa ten finalistas da VIII Gala do Deporte

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona dá a coñecer este xoves ás persoas finalistas das sete categorías que competirán por alzarse co máximo galardón na VIII Gala do Deporte de Baiona que se celebrará o próximo 25 de marzo ás 19:00 h no Auditorio V Centenario.

“Mulleres en acción” chega a Nigrán

A Deputación continúa a espallar o programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”, sementando igualdade e loitando contra as violencias machistas a través da arte por toda a provincia.