Sábado, 21 Xuño de 2025

Val Miñor

A candidata do PP de Nigrán expon unha nova senda peonil paralela á AG-57

A candidata dos populares á alcaldía, María José Pino, vén de presentar unha nova proposta dentro da súa campaña: a creación dunha senda peonil de 700 metros de longo que comunicaría Avenida Val Miñor coa glorieta de Rúa dás Pontes no parque empresarial de Porto do Molle. “Sería moi positivo para todos os veciños que nos gusta pasear pola zona”, explica Piñeiro, que á súa vez incide na falta de conexións próximas ao complexo empresarial.

Oito persoas do centro Juan María terán a posibilidade de facer prácticas como conserxes

O Concello de Nigrán dispón ata o 1 de Xuño de oito novos conserxes grazas ao Centro Juan María. A propia Casa Consistorial, a Biblioteca e os colexios Carlos Casares (Vilariño), Humberto Juanes (Nigrán) e Da Cruz (Camos) son por vez primeira o lugar de formación práctica para 4 mozos e 4 mozas con discapacidade intelectual que están a realizar o curso de 'Operaciones Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais'.

Nigrán ofrece un roteiro por Portugal

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 26 de marzo unha xornada gratuita de sendeirismo de 6 km polas aldeas do Xisto (serra de Lousa, centro de Portugal).

34 empresas e servizos de Baiona superan o Comité de Distinción Sicted

34 empresas e servizos de Baiona acudiron ao Comité de Distinción Sicted de decembro 2022, para renovar os seus distintivos ou para realizar a avaliación de seguimento.

Nigrán proxecta o domingo a película “Valentina”

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo 'Mes Violeta' con motivo do 8-M, ofrece o vindeiro domingo 19 de marzo ás 17:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a película 'Valentina', destinada a familias e público infantil.

Xornada lúdica de tenis de mesa en Baiona

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes dende ás 10:00 ata ás 12:00 horas.

A Xunta mellora os comedores escolares de dous centros educativos de Gondomar

A Xunta de Galicia vén de reforzar as infraestruturas de comedor escolar en Gondomar cunha inxección de preto de 85.000€ para as obras de mellora destes espazos nos colexios Serra de Vincios e Plurilingüe Souto-Donas.

Nigrán inaugura hoxe unha exposición de “Nancy”

O Concello de Nigrán ofrece do 17 ao 26 de marzo, no auditorio municipal, unha exposición de bonecas 'Nancy' da coleccionista Marga Fernández, traballadora precisamente do Concello e coñecida en todo o país polos seus perfís de Facebook 'El desván de Nancy' e 'Margochiña Fernández'.

Nigrán comeza este domingo o primeiro ciclo do ‘Primavera Jazz’

O Concello de Nigrán estrea este domingo 19 de marzo o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co cuarteto do guitarrista Felipe Villar ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. As seguintes citas serán o 14 de abril co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o 7 de maio con Xan Campos. Todos os concertos son con entrada de balde ata completar o aforo.

Baiona pon en marcha obradoiros para recoñecer o acoso infantil

Esta fin de semana dase continuidade á programación da “Primavera Lila”, deseñada por Igualdade de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

Nigrán celebra este sábado o “Día da Rítmica”

O Concello de Nigrán celebra este sábado, 18 de marzo, desde as 17:30 horas no Pavillón Municipal de Panxón o 'Día da Rítmica' coa presenza de 132 ximnastas de 22 clubes de toda Galicia.

25 de mulleres de Baiona avanzan na súa dixitalización coa II edición de “Galegas Dixitais”

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que hoxe se clausurou no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.