Venres, 20 Xuño de 2025

Val Miñor

Nigrán contará con catro novas zonas accesibles en Praia América, Panxón e Patos

O Concello de Nigrán disporá no vindeiro verán de novas zonas de servizos accesibles nas súas principais praias urbanas: Praia América-Lourido, Panxón e Patos.

Comeza a segunda fase de humanización da rúa Carabela Pinta de Baiona

O Concello de Baiona iniciará o vindeiro martes, 11 de abril, as obras da segunda fase da humanización da rúa Carabela Pinta, cun orzamento de adxudicación de 285.000 euros.

Nigrán completará o empedrado e saneamento de Chandebrito

O Concelllo de Nigrán completará o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito co obxectivo de potenciar o valor etnográfico da zona e darlle continuidade aos adoquinados iniciados por vez primeira polo goberno local no ano 2019.

Baiona goza das procesións de Semana Santa

A Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona atópase inmersa nos preparativos das procesións da Semana Santa. Tras semanas de ensaios e preparativos na capela da Misericordia, os máis de sesenta costaleros da Irmandade da Santa Casa, a confraría máis antiga de Galicia, volverán a saír de procesión.

Chega a nova edición de “Degusta Europa” a Redondela e Baiona

A Deputación pon en marcha unha nova edición de “Degusta Europa”, un programa co que a institución provincial conmemora o Día de Europa, efeméride que recorda cada 9 de maio a firma da “Declaración de Schuman” (1950), a través de degustacións gastronómicas en mercados e prazas de abastos da provincia.

Baiona ofrece rutas guiadas gratuítas en Semana Santa

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante Semana Santa.

Novo éxito do ‘Basket Sen Barreiras’ do CB Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán organizou a VII edición do torneo basket Sen Barreiras no pavillón de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para "Bicos de papel", asociación de axuda a nenos enfermos de cancro do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Renovada a instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís

O Concello de Baiona informa do remate das obras de renovación da instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís, dando resposta ás demandas dos pais e a comunidade educativa.

Nigrán crea o seu propio servizo público de atención temperá

O Concello de Nigrán vén e poñer en marcha no Ceán o seu propio 'Servizo de Atención Temperá' público, dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo.

Baiona inaugura o Parque Infantil Os Tendais

O Concello de Baiona vén de acometer a reforma integral do céntrico Parque Infantil Os Tendais coa substitución dos xogos existentes, a renovación do pavimento de caucho e a mellora da accesibilidade deste espazo ao abeiro do Plan Concellos da Deputación.

Gran fin de semana na primeira etapa da liga Galega de Surf Junior e Kids

O sábado amenceu con algo de choiva e unha ondada en torno ao metro pasado, ondas rápidas e pouco vento, pero pola tarde subiu o vento o que fixo da praia de Patos o escenario ideal para que as categorías Junior (SUB 21/18/16) desen o mellor de si.

Baiona comeza o programa de conciliación familiar de Semana Santa

Baiona iniciou hoxe o programa de Conciliación no que participan 34 nenos de entre 3 e 12 anos esta Semana Santa.