A tosta Mar e Terra de tapería 'Adechape', con 590,5 votos, proclamouse gañadora do I Concurso de Tostas de Outono de Gondomar, unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Comercio e Turismo, que dirixe Rocío Goberna, para promover a dinamización do sector e o consumo na hostalería local ante a difícil situación que vive como consecuencia da pandemia e as continuas restricións ás que se viu sometida.
O Concello de Nigrán e o Cine Club Val Miñor Alice Guy retoman este xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a película ‘Las Niñas’, dirixida por Pilar Palomero e recentemente galardoada co Premio Goya á Mellor Película, Mellor dirección Novel, Mellor Guion Orixinal e Mellor Fotografía.
O Concello de Nigrán prorrogará desde o 27 de marzo ao 30 de setembro de 2021 o bando de urxencia que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio co fin de garantir os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais visitantes que acuden en turismos.
O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida onte pola tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.
O espectáculo familiar ¡Ciencia que alimenta! de 'Compañía Rota e Descosida' dará o pistoletazo inicial á programación teatral de primavera en Gondomar este próximo sábado 27 de marzo ás 18:00 horas da tarde no auditorio Lois Tobío, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro. A ela sumaranse O Mel non caduca de 'Iboprufeno Teatro' (03 de abril); Despois das ondas de 'Butaca Zero' (10 de abril); Italiano Grand Hotel de 'Cia La Tal'; Zampalibros de Sarao Animación (24 de abril); e, Pyka de 'Cinema Sticado' (01 de maio).
O Concello de Baiona alerta dunha estafa na que un individuo de mediana idade que se presenta como edil do goberno local pide diñeiro para as familias necesitadas en nome do Concello de Baiona.
Cunha impáctante performance co título de “Cadea”, a artista Analía Beltrán deixou onte pola tarde no IES Escolas Proval de Nigrán o seu berro en favor da igualdade e da loita contra as violencias machistas.
O Concello de Nigrán rematou as obras para dotar de saneamento as rúas Palomar, Xestal e Lagoíña e tamén de abastecemento nesta última (única que carecía do mesmo xunto cun treito pequeno de Lagoíña), beneficiando con elo a máis de 30 casas. Trátase de tres rúas no núcleo do municipio, Palomar atravesa os barrios de Nogueira e Sanromán (parroquias de Nigrán e Priegue) e Xestal e Lagoíña os barrios de Ceán, A Barxa e Lagoíña (parroquia de Nigrán).
O Concello de Nigrán alerta dunha estafa na que un individuo de mediana idade que se presenta como edil do goberno local pide cartos en nome do propio alcalde para sufragar bombonas de butano para as familias en situación de vulnerabilidade.
O campionato de preseleccións celebrouse o pasado sábado 20 de marzo en Redondela, baixo a organización do Club Patinaxe Artístico Condado, con todas as medidas e protocolos adoptados pola Federación Galega de Patinaxe para facer fronte á situación epidemiolóxica.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o Concello de Nigrán para presentar “O Teu Camiño” a proposta de Prado Surf Escola no marco da primeira edición do programa “O Teu Xacobeo” que o Goberno galego puxo en marcha no 2019.
O Concello de Nigrán proporá no vindeiro pleno destinar 185.000 € do Remanente de Tesourería á dotación da nova Biblioteca Municipal unha vez que as obras están a piques de rematar. Así, os traballos avanzan a gran ritmo con todos os oficios traballando simultáneamente para estar concluídas a inicios de maio, mentras que o goberno local ultima xa os pregos para licitar o equipamento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.