Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

Baiona despide o curso cunha festa para presentar o libro “Un paseo por Baiona”

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, percorreu os centros municipais de primaria para entregar persoalmente, a cada un dos alumnos baioneses, un exemplar do libro “Un paseo por Baiona”.

Baiona encherase de maxia esta ponte co II Festival “Baiona Pinta Maxia”

Baiona acollerá o venres 24, sábado 25 e o domingo 26 de xuño o seu segundo Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”.

Últimos días para inscribirse no campamento urbano de Baiona

Este xoves 23 de xuño péchase o prazo para inscribirse no campamento urbano organizado pola Concellería de Cultura que se celebrará no mes de agosto. A actividade é gratuíta e está destinada a menores de 5 a 12 anos.

A Concellería de Igualdade clausura con gran éxito o programa “Con Voz Propia”

Nun escenario inigualable, o Mosteiro de Oia, clausurouse está mañá o programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.

Baiona recupera o fluxo turístico

Baiona volve recuperar o fluxo turístico que tiña antes da pandemia, cun continuo incremento do número de visitantes.

A delegación baionesa de artistas en Pornic constrúen un “Flash-Arte” con alumnado francés

A delegación baionesa de artistas, que viaxou ata Pornic con motivo da “Exposition d'artistes de Baiona”, enmarcada na celebración do XXV aniversario do irmandamento entre as Vilas promovida pola asociación de Jumelage de Pornic na Maison du Chapître en Pornic do 12 ao 20 xuño de 2022 en colaboración cos Concellos de Baiona e Pornic, segue inmersa en numerosas actividades na vila irmá francesa.

O Concello de Baiona renova o convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a presidenta da Asociación “Avelaíña”, Fernanda Orduna, renovaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños do municipio que o precisen.

O Concello de Baiona asina o seu primeiro convenio con Afaga

O Concello de Baiona e a asociación Afaga Alzheimer, asinaron por primeira vez un convenio para desenvolver accións conxuntas en beneficio das persoas con demencia e dos seus familiares.

Este domingo volven as rutas de sendeirismo “Baiona Natural”

A iniciativa, bautizada como ‘Baiona Natural’ permitiu habilitar novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están adaptadas para público maior de 16 anos, este domingo é a quenda do roteiro "A Groba Panorámica".

Charlas en Baiona para coñecer o uso axeitado dos parques biosaudables

O Concello de Baiona acolle o martes 14 de xuño a unh charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudables, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben.

O Concello de Baiona acomete a mellora da rede de saneamento na Rúa San Damián na Percibilleira

O Concello de Baiona finalizou as obras de renovación de tubaxes de saneamento na Rúa San Damián na Percibilleira.

Talleres de Primeiros Auxilios para participantes e cans do Proxecto “Vincúlate”

Protección Civil Val Miñor e a Clínica Veterinaria “Los Tendales” colaboraron co Proxecto “Vincúlate” do Concello de Baiona.