Sábado, 5 Xullo de 2025

Baiona

Baiona organiza unha xornada de convivencia para persoas maiores o vindeiro 13 de abril

Tras anos sen poder celebrarse debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, o encontro das persoas maiores do Concello de Baiona regresa en 2023 o vindeiro xoves 13 de abril. O Concello de Baiona encóntrase inmersa nos preprarativos deste encontro e xa está a enviar as cartas por correo postal aos veciños e veciñas do municipio.

Baiona encherá de poesía a fin de semana coa segunda edición do festival poético «Baiverso»

Este sábado, 1 de abril, e o domingo, día 2, os xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollerán o II Festival Poético do Concello de Baiona “Baiverso”. Os asistentes a este evento onde a poesía e a música serán as principais protagonistas, poderán gozar da variada oferta cultural programada para a ocasión pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

A Deputación avanza na seguridade viaria de Baiona con actuacións de preto de 900.000 euros

No marco do seu modelo de mobilidade sostible, amable e segura, a Deputación vén de financiar varias actuacións en Baiona que ascenden a preto de 900.000 € para seguir garantindo a seguridade viaria e a transformación da vila. Trátanse das obras de emerxencia e unha nova cuneta tendida que se están a executar na EP-2204 Sabarís-Belesar, que acaban de visitar a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde Carlos Gómez, e que se unen ás anteriores obras de mellora executadas para transformar este importante viario provincial, de máis de seis quilómetros, que une estas parroquias de Baiona.

Baiona deseña un plan de tráfico con motivo da «XXII Gran Bahía Vig-Bay»

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da XXII edición do Medio Maratón 'Gran Bahía Vig-Bay', que se celebra este domingo 26 de marzo. O plan entrará en funcionamento ese mesmo día ás 06:00 h para a montaxe de infraestructura, cando se procederá a restrinxir a circulación nos viais de acceso ao centro de Baiona e terminará ao redor das 14:00 h.

Daniela Rial Estévez, alumna do CPI de Cova Terreña de Baiona, gaña o «I Certame de Poesía Respira!» para estudantes

Daniela Rial Estévez, alumna do CPI Cova Terreña de Baiona vén de proclamarse gañadora do I Certame de Poesía Respira! para estudantes, organizado polo Concello de Santiago –co apoio da Secretaria Xeral de Política Lungüística da Xunta de Galicia– co gallo da celebración do Día da Poesía.

Baiona celebra este sábado a Gala do Deporte que recupera a normalidade trala pandemia

A Gala do Deporte de Baiona deste ano volve á normalidade tras os anos marcados pola pandemia e vén cunha imaxe renovada. En palabras da Concelleira de Deportes, Andrea Pérez González será "unha gala inclusiva onde se contará con intérprete de linguaxe de signos, diversa (unha sección das mencións especiais é o recoñecemento a aqueles e aquelas deportistas, entidades ou proxectos que se involucran e participan activamente co deporte adaptado e inclusivo), pero sobre todo onde os protagonistas serán as e os nosos deportistas e as súas familias”.

34 empresas e servizos de Baiona superan o Comité de Distinción Sicted

34 empresas e servizos de Baiona acudiron ao Comité de Distinción Sicted de decembro 2022, para renovar os seus distintivos ou para realizar a avaliación de seguimento.

Xornada lúdica de tenis de mesa en Baiona

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes dende ás 10:00 ata ás 12:00 horas.

Baiona pon en marcha obradoiros para recoñecer o acoso infantil

Esta fin de semana dase continuidade á programación da “Primavera Lila”, deseñada por Igualdade de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

25 de mulleres de Baiona avanzan na súa dixitalización coa II edición de “Galegas Dixitais”

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que hoxe se clausurou no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.

Baiona acollerá a máis de 500 deportistas amantes do baloncesto no Torneo de Minibasket

Os próximos 1 e 2 de abril o pavillón de deportes de Baiona acollerá o 'Torneo de Minibasket' que reunirá a 32 equipos de toda Galicia, Portugal e do territorio nacional. No torneo que esta mañana foi presentado no Concello de Baiona, participarán 16 equipos femininos e 16 masculinos todos eles ca categoría Alevín.

Comeza en Baiona o curso “Con voz propia”

Tralo éxito do ano pasada do programa “Con voz propia”, a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller (CIM), volve apostar por esta actividade, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres.