Luns, 15 Setembro de 2025

Comarcas

O Concello de Baiona saca a concurso os postos baleiros da Praza de Abastos

Despois de cinco anos, desde 2018, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Mercados e Comercio, iniciou un novo procedemento para a concesión dos nove postos baleiros do Mercado Municipal de Abastos de Baiona.

En novembro aprobarase a ampliación da Plisan

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o vindeiro mes de novembro o Goberno galego aprobará a ampliación da superficie empresarial da Plisan, polo que se rematará así “un proceso xa iniciado hai bastantes meses para darlle a cualificación industrial a un millón de metros máis aquí para poder seguir medrando”, indicou en relación aos máis de catro millóns de m2 de solo industrial que quedarán dispoñibles.

Executadas obras de mantemento na Escola Infantil Galiña Azul de Tui

As instalacións da Escola Infantil Galiña Azul foron obxecto de obras de mantemento no inicio do curso escolar, para que alumnado, profesorado e familias poidan empregar estas instalacións nas mellores condicións.

Tomiño rehabilitará enerxéticamente a Casa de Cultura

O Concello segue dando pasos para construír un Tomiño máis sostible e no que as persoas sexan as grandes protagonistas. O Goberno municipal aprobará en pleno o convenio coa Deputación de Pontevedra para a posta en marcha do proxecto ‘Integra Tomiño’.

O programa da Radio Galega “Convivir Deportivo” visita o Concello de Covelo

O programa da Radio Galega “Convivir Deportivo” presentado polo xornalista Alfonso Pardo visitará o Concello de Covelo para lanzar ao mundo a riqueza histórica e natural da nosa vila pero, sobre todo, para falar dos éxitos do Club Covelo Patinaxe Artística e do Covelo Club de Fútbol.

A Concellería de Igualdade de Baiona pon en marcha “Con voz propia”

A Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller (CIM), abreo o prazo de inscrición do programa “Con Voz Propia”, trátase dunha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres.

Tui convoca o concurso de debuxo escolar para elixir a postal de Nadal de 2023

A Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui convoca unha nova edición do Concurso de Debuxo Escolar para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2023.

Aberta a inscrición no programa de estimulación terapéutica para persoas con demencia do Porriño

O Porriño pon en marcha un Progama de Estimulación Terapéutica da man de AFAGA para prestar atención ás persoas afectadas por algún tipo de demencia dexenerativa. Este poñerá ao alcance dos doentes e das súas familias asesoramento a través de profesionais cualificados, un programa de respiro familiar e atención psicolóxica para doentes e coidadores.

A Xunta ultima as obras do novo itinerario peonil de Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou unha importante obra de construción dun itinerario peonil que se está a realizar no concello de Arbo, en concreto, no antigo trazado da PO-400, e que afronta a fase final da súa execución.

A cociña escolar municipal de Nigrán sirve de modelo saudable para toda Galicia

Os menús de todos os colexios públicos de Nigrán son elaborados desde este curso no propio municipio. Este feito servíu de modelo de boas prácticas en promoción da saúde nos concellos de Galicia na terceira xornada 'A Saúde en todas as políticas'.

O clásico “Pedro o lobo” chega este venres ao Teatro Municipal de Tui

O clásico de Prokofiev “Pedro e o lobo” chega este venres, ás 19.30 h, ao Teatro Municipal de Tui da man de Fantoches Baj. A compañía nesta nova posta en escena combina o relato do narrador, coa representación das accións que se describen ou evocan na música.

17 veciños de Baiona aprenden a usar internet nos seus móbiles

O auditorio do Centro Multiusos Ángel bedriñana de Baiona acolleu onte un taller de informática para maiores de 55 persoas no que participaron 17 veciños de Baiona.