Mércores, 6 Agosto de 2025

Comarcas

Dúas alumnas do Colexio Estudio de Chandebrito, finalistas do concurso dixital de Aqualia 2019 e 2020

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá de sendos premios como finalistas nacionais do concurso de debuxo dixital infantil de Aqualia 2019 e 2020 a Luz Hermo Vallejo e Lidia Fernández González respectivamente, ambas do Colexio Estudio de Chandebrito, que recibiron como premio un smartwatch.

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal bota a andar

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal botou a andar este martes coa celebración da primeira reunión dun espazo que busca traballar a corto, medio e longo prazo a prol dunha nova conciencia social baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero.

Mos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

A Concellería de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego, que dirixe a edil Julia Loureiro, informa de varias iniciativas postas en marcha desde a Axencia de Colocación de Mos nas que as persoas interesadas en inscribirse para participar nelas deberán facelo esta semana.

“Veciñas na Ciencia”, unha mesa redonda para achegar as máis novas ao ámbito científico

O próximo 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemoralo o grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño decidiu organizar un evento que visibilizase a mozas do municipio que escolleron a ciencia para formarse e adicarse a ela de xeito profesional.

Entroido virtual en Arbo para dinamizar a economía local

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalería, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, acorda a realización do entroido virtual en Arbo no ano 2021.

O Concello de Nigrán protagoniza a estrea, este xoves en Movistar+, do novo programa de Zahara ‘Una historia, una canción’

Nigrán será o gran protagonista este xoves 4 ás 22:00 da estrea do programa de Moviestar+ ‘Una historia, una canción’, conducido pola cantante Zahara, quen continúa así coa súa traxectoria televisiva iniciada como profesora de Cultura Musical en OT 2020.

A Concellería de Vías e Obras de Redondela repara os danos causados polos temporais nas parroquias do municipio

A concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela que xestiona Vicente Lamas, traballa arreo nestes días na reparación de diversos danos ocasionados polos últimos temporais nas diferentes parroquias de Redondela. As actuacións centráronse na reparación de estradas e camiños de competencia municipal que, durante estas semanas, rexistraron diversos danos a consecuencia das abundantes choivas e que precisaban de actuacións urxentes de cara a garantir a súa seguridade, tanto para peóns como para vehículos.

Salvaterra e As Neves coñecen os ‘Tesouros Humanos Vivos’ do Miño

A rapazada dos concellos de Salvaterra e as Neves aprendeu onte como se desenvolve a pesca tradicional da lamprea e achegouse á práctica da transhumancia, dúas mostras de traballos artesanais que aínda sobreviven nos concellos da raia. Escoitaron a importancia de conservar o idioma, nalgúns casos en risco de desaparecer como a variedade dialectal do ‘goianés’ e coñeceron particularidades musicais como as treboadas.

Mos celebra o seu ‘Entroido na casa’ con moito sentidiño

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron hoxe a programación do Entroido 2021 que, por mor da crise sanitaria da COVID-19, celebrarase exclusivamente on line baixo o lema 'Entroido na casa. O mellor Entroido de Mos está na túa casa'.

Aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos da aula CEMIT de Ponteareas

A Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez, informa do comezo de novos cursos na Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente. A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando, sempre que se conseguen grupos, o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía.

O Rosal estrea web de medio ambiente

O Concello do Rosal estrea páxina web de medio ambiente, un espazo no que se aglutinará toda a información relativa á xestión responsable dos residuos e permitirá realizar todos os trámites relacionados coa compostaxe e a reciclaxe.

A Guarda conta coa primeira caldeira de biomasa nun edificio municipal

O Centro Cultural da Guarda contará proximamente cunha nova caldeira de biomasa, que ven a substituír á xa existente de gasóleo, mellorando a súa eficiencia e empregando enerxías máis respectuosas co medio ambiente.