Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

O Concello de Oia mellora a accesibilidade do Centro Sociocultural de Pedornes coa instalación dun ascensor

O Concello de Oia vén de acometer as obras de mellora da accesibilidade no Centro Sociocultural de Pedornes, consistentes na instalación dun ascensor como alternativa aos accesos existentes ata o de agora: dous tramos de escaleiras ou ben un camiño con moita pendente.

Baiona presenta a súa Festa da Arribada “máis especial”

A Capitanía Marítima de Baiona acolleu esta mañá a presentación oficial da XXVI Edición da Festa da Arribada, unha edición moi especial que este ano tivo que ser posposta para a primeira fin de semana de outubro, concretamente o 1, 2 e 3 de outubro, sendo o día 1 festivo local en Baiona.

Ponteareas co mestre Rogelio Groba

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas vén de convidar a toda a veciñanza a apoiar a candidatura do compositor Rogelio Groba Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes 2021. Os vindeiros sábados colocarase unha mesa diante do Auditorio Municipal, entre as 11 h e as 13:30 horas, para recoller sinaturas de apoio á candidatura.

Alcaldesa de Redondela e novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo manteñen a primeira reunión oficial dende o relevo de titular no Porto

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Concello de Redondela, a primeira dende que Vázquez Almuíña tomou posesión como presidente do Porto vigués e que serviu para poñer sobre a mesa, a dar a coñecer ao novo presidente portuario, todos aqueles temas pendentes entre ámbalas dúas administracións e que son considerados pola rexedora local como “irrenunciables para Redondela”.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG presentará no Parlamento Galego novas iniciativas para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas. O deputado Luís Bará visitou o xoves 4 de marzo o centro, para coñecer a situación en que se desenvolve a asistencia sanitaria; recolleu información e a demanda de melloras que lle comunicaron membros da Xunta Directiva da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Salceda.

A Praza do Calvario acolle unha exposición interactiva para amosar que o traballo non ten xénero

Aínda quedan moitos pasos que dar no camiño cara a igualdade, comezando por concienciar e sensibilizar á veciñanza. Con este obxectivo, o Concello do Rosal organiza a exposición ao aire libre ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra conformada por diversas figuras de persoas sen rostro desempeñando traballos máis ligados a algún dos dous xéneros e que poderá visitarse ata final de mes na Praza do Calvario.

A Xunta comeza as obras da nova escola infantil na Guarda

A Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda anunciaron hoxe o inicio das obras da nova escola infantil deste municipio. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez; e do alcalde do municipio, Antonio Lomba Baz, visitou hoxe o comezo desta actuación coa que se mellorarán as posibilidades de conciliación das familias da zona.

Salceda traballa en bonificacións sociais no IBI

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro.

Vive Nigrán anuncia a súa primeira confirmación na súa quinta edición

O festival regresa ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con asentos e aforos limitados. As entradas para este primeiro día anunciado poñeranse á venda este venres.

O Concello cualifica de “delirante” atribuír á cheminea da caldeira de biomasa un risco para a seguridade aérea

O Goberno Municipal de Ponteareas considerou “delirante a presentación dunha denuncia na Axencia Estatal de Seguridade Aérea atribuindo á cheminea da caldeira de biomasa un risco para a seguridade da aviación”.

Mondariz busca un maior acceso á EDAR construída en Mondariz-Balneario

O Concello de Mondariz dirixiu este venres un escrito á comisión de seguimento do convenio de colaboración subscrito co Concello de Mondariz-Balneario para o sostemento conxunto dos servizos de gardería, punto limpo e depuración de augas residuais, no que solicita que se tramite un aumento da autorización de vertedura na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) situada no Paseo de Troncoso (Mondariz-Balneario).

Comezan as obras para o cambio de caldeiras a biomasa no Concello, Casa da Cultura e Xulgado

O Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración, a mediados do ano 2019, para levar a cabo dentro do termo municipal as actuación recollidas no proxecto denominado "Substitución e instalación de caldeiras de biomasa".