Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

O Porriño incrementa en máis dun 84 % as axudas ás traídas de augas

O Concello do Porriño destinará 175.000 euros a axudas para as comunidades de usuarios de auga do municipio. A administración local suma 80.000 euros aos 95.000 consignados no orzamento prorrogado, incrementando nun 84,21 % as subvencións para a mellora e mantemento das instalacións das traídas.

Volve a campaña Galicia sabe aMar á Guarda

Despois da primeira visita na primavera, a furgoneta da campaña GALICIA SABE AMAR repite no concello e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con produtos certificados galegos destacando así a gran variedade e calidade dos mesmos.

Dez matrimonios danse cita o domingo na Praza do Concello de Arbo

Xa fai máis dunha década que o concello de Arbo o Concello de Arbo, organiza as Vodas de Ouro, galardoando a todas as parellas da localidade que cumpren 50 anos de casados.

Aumenta o servizo de buses Vigo-Baiona, Vigo-Gondomar e o servizo diario do Porriño, Tui e Ponteareas cara a Praia América

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán.

Tui prepara visitas guiadas para o mes de agosto

A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

O comercios prepáranse para o “Shopping night Redondela”

A Asociación de Empresarios está a repartir entre os comercios participantes o kit de material decorativo que inclúe bolas de discoteca, guirnaldas, etiquetas especiais para marcar de prezos e descontos exclusivos da xornada así como a cartelería das promocións personalizadas de cada establecemento.

Xisco Feijoó cabeza de cartel no Son do Pazo 2023

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é unha cita estival, que naceu en 2015 coa intención de consolidarse e converterse nun referente da música galega tanto en Mos como na área Metropoilitana e en toda a zona sur de Galicia e Norte de Portugal.

O Mago Teto chega á Guarda con Rock&Magic

O vindeiro xoves día 10 de agosto chega á Guarda unha das citas máis agardadas deste verán, Rock ‘n’ Magic, o novo show do Mago Teto, que terá lugar ás 20:30 h no auditorio de San Benito.

O venres pecha o prazo de inscrición para o “Flota Como Poidas” de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este venres 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 6 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Cociña e música en directo este sábado na Mostra de Produtos de Covelo

Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tatuaxes de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen este sábado á Mostra de Produtos de Covelo.

O Porriño adianta a redacción dos proxectos necesarios para completar o saneamento ao 100 %

O Concello do Porriño adianta a redacción de proxectos de obra de saneamento en todas as parroquias do termo municipal e no centro urbano, co obxectivo de axilizar ao máximo os trámites administrativos necesarios.

O cuarteto Caramuxo actúa hoxe no Rosal

Continúa a programación da cuarta edición do Rosal Cámara Fest deste verán, desta volta co concerto de Caramuxo, un cuarteto de clarinetes que deleitarán ao público cun repertorio de música tradicional adaptada a este instrumento.