Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

A oposición deixa sen Xefa de Gabinete o goberno de Salceda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, procedeu a asinar o cese da única persoa que exercía traballos encomendados a persoal de confianza, ao non ratificar o pleno municipal o decreto de nomeamento. O cese é efectivo dende o día 21 de agosto.

Visita ao serradoiro dos Carranos do delegado territorial da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de acondicionamento exterior e mellora do Aserradeiro de Os Carranos, no concello de Covelo.

Bos resultados na Travesía a nado Vila do Tea

O vigués Miguel Martínez (CN Canoe) e a Xixonesa Alba Ortiz de Guinea (CN Ponteareas) proclamáronse vencedores Elite da VII Travesía a nado Vila do Tea, puntuable para o Circuito Gallego e a Copa de España de Augas Abertas 2023.

O Campamento Musical de Tomiño inicia dúas semanas de actividades

O Campamento Musical, organizado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Agrupación Musical de Goián, arrancou esta semana con 45 participantes de entre 3 e 12 anos.

Nigrán colabora na celebración da Festa de San Roque de Camos

O Concello de Nigrán colabora coa celebración das festas de San Roque de Camos, do mércores 23 de agosto ao domingo 25, achegando 4.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’.

Avanzan a bo ritmo as obras da Fase I de mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos-Puxeiros

O tenente de alcalde de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo, visitaron e supervisaron onte a obra de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

Éxito rotundo da Feira do Xamón da Cañiza

Este domingo, 20 de agosto, pecharonse as celebracións da Feira do Xamón 2023 da Cañiza que dabanse cita na Carballeira do Cacharado, cun xantar popular con sardiñas, churrasco de vitela da Paradanta e pan, viños e doces da zona e da comarca.

O Pazo Pegullal de Salceda acolle esta fin de semana un concerto de Música no Ar

O programa cultural “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra continúa o seu percorrido este xoves, 24 de agosto, en Salceda de Caselas.

O XXXI Trofeo Pista das Faias dispútase o sábado no Rosal

O Trofeo Pista das Faias chega á súa XXXI edición este sábado, 26 de agosto. Arredor de 200 ciclistas chegados de diferentes puntos de Galicia e Portugal achegaranse ao Rosal para disputar este trofeo a partir das 16 horas.

Comeza o curso de bailes de salón en Ponteareas

Arredor de 20 persoas de Guillade, en Ponteareas, iniciaron un curso de bailes de salón enmarcado no programa provincial “Depo en Marcha”.

A Festa da Lamprea Seca consolida o seu éxito ante centenares de visitantes

A XXVIII Edición da "Festa da Lamprea Seca" cumpriu, un ano máis, as expectativas de asistencia de público; coa presenza de centenares de persoas que non dubidaron en acudir a esta celebración gastronómica.

Juan Carlos Triñanes Buceta gaña o primeiro premio do XI Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

A undécima edición do Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández celebrouse con éxito de participación o 20 de agosto. O certame realizouse de forma simultánea nas vilas fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.