Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

O BM Cañiza, finalista na Copa Galicia de Balonmán

O conxunto sénior feminino do BM Cañiza non deixa de dar alegrías a súa afección e, por segundo ano consecutivo, disputarán a finalísima da Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Balonmán.

Chega a Mos o proxecto “Enredando” para integrar ás persoas maiores na contorna dixital

Reducir a fenda dixital entre a poboación é o obxectivo do proxecto “Enredando”, que comezou no ano 2020 para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

O Concello de Redondela inaugura un servizo de atención á veciñanza

O Concello de Redondela inaugura un novo servizo a disposición de toda a cidadanía. Baixo o lema "O Concello escoita" o goberno local ofrece aos veciños un servizo de atención directa en todos os departamentos municipais.

Roteiro polo río Alén e Barcia de Mera, o domingo gratis en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo informa da apertura do prazo de inscrición para o roteiro do río Alén e Barcia de Mera que terá lugar este domingo día 27 de agosto.

I edición de “Literatura na Rúa – Nigrán”

A asociación Galega de Escritores, xunto coa colaboración do Concello de Nigrán e as librerías locais Paraísos de Papel e Piño, organiza a primeira edición de “Literatura na Rúa - Nigrán”.

O Concello de Salvaterra mellora os camiños municipais

Iniciada a licitación para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra) a través do Plan Camiños 2023-2024, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural.

O Porriño comeza as obras do antigo campo da feira

A humanización do antigo campo da feira do Porriño coñecido agora como Parque Infantil, nome dunha das rúas que o bordea, será unha realidade a comezos de 2024.

A Deputación implantará enerxía xeotérmica no Concello da Cañiza

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación o contrato para a prestación da asistencia técnica da mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais da Cañiza e A Illa de Arousa.

Volve o Cine na Rúa ao Rosal

O Cine na Rúa volve ao Rosal como cada verán, con dúas proxeccións ao aire libre de cinema galego os días 24 e 29 de agosto.

Priegue estrea a rúa Mestra Emérita totalmente humanizada

O Concello de Nigrán estreou este verán a humanización da rúa Mestra Emérita de Priegue cun investimento de 309.127 € asumidos 100 % con fondos propios.

A Deputación leva enerxía aerotérmica aos edificios municipais das Neves

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación as obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais de Catoira e As Neves

O Concello de Redondela asegura que o servizo de socorrismo das praias funciona correctamente

Logo das queixas por parte de 7 dun total de 12 traballadores do servizo de socorrismo das praias de Redondela por supostas carencias de material, o goberno local asegura que a maioría das demandas que realizaron por escrito ao Concello o pasado 16 de agosto "xa estaban resoltas cando se presentou o escrito".