Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

O alcalde da Cañiza recibe aos oficiais da brigada “Galicia VII”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu na Casa do Concello aos oficiais da brigada "Galicia VII" encargados do operativo "Centinela galego 2023" despregado na Cañiza para a defensa dos montes.

Aberto o prazo de inscricións no Arealonga FS

O Arealonga FS, formará para esta tempada as seguintes categorías tanto masculinas como femininas: biberón (2018/2019), prebenxamín (2016/2017), benxamín (2014/2015), alevín (2012/2013), infantil (2010/2011), cadete (2008/2009), xuvenil (2005/2006/2007) e sénior (+2005).

O Concello de Tomiño fai unha reforma integral na Escola Unitaria de Carregal

O Concello de Tomiño pon a punto as escolas antes do comezo do curso escolar. Así, durante o verán, efectuáronse traballos de reforma e mellora nas escolas de Carregal, Taborda, Figueiró e Amorín, ademais do mantemento básico que se efectúa en todos os centros escolares en época estival.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 31 de agosto e 1 de setembro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do centro cultural) o xoves 31 en horario de 16:30h a 21:00h e o venres 1 en horario de 10:15 a 14:30 h e de 16:30 a 21:00 horas.

Nigrán acollerá o primeiro trail feminino de relevos de España

O Concello de Nigrán fará Historia no deporte español o sábado 9 de setembro deste ano en Monteferro, cando se celebre por vez primeira un trail por relevos exclusivamente feminino.

Covelo amplía a rede de abastecemento de auga potable

O Concello de Covelo continúa traballando na mellora dos servizos básicos e vén de ampliar a rede de abastecemento de auga potable dos barrios de As Pereiras e Vilanova, nas parroquias de Casteláns e de Barcia de Mera respectivamente.

O vindeiro 2 de setembro celébrase o XXV Trofeo do Rosal de balonmán

O XXV Trofeo do Rosal de balonmán celébrase o próximo 2 de setembro a ritmo de guateque. Dous eventos conxuntos, deportivo e festivo, que encherán O Rosal de deporte, entretemento e gastronomía nunha xornada de celebración.

A Cañiza e Tomiño contarán con iluminación sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro

O vindeiro martes, día 29 de agosto de 2023, xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2023.

A Xunta elimina un tramo de concentracion de accidentes na PO-403 en Ponteareas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000 €.

O Concello de Nigrán colabora coa andaina ‘Camiño do terror’

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa andaina do ‘Camiño do terror’ que organiza a asociación Parada do Miñor e que terá lugar a noite de hoxe venres e do sábado (25 e 26 de agosto) en Montecastelo.

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade para manter Tui limpo

O Concello de Tui considera que a actual temporada turística está sendo exitosa para a hostalería tudense. O gran número de visitantes que recibe a cidade fai que moitos negocios multipliquen por tres ou por catro a súa actividade nestes meses de verán.