Martes, 11 Novembro de 2025

Comarcas

O Concello de Mos abre o prazo de inscrición no programa municipal para maiores Exercítate

Aberto o prazo de inscrición no programa Exercítate que comezará durante este mes cos seguintes horarios: as clases de natación lévanse a cabo os martes e xoves de 10.45 a 11.30 h e os mércores e venres de 11.00 a 11.45 h. Doutra banda, as clases de ximnasia demantemento realízanse os mércores e venres e os martes e xoves; en ambos os casos en horario de 10.45 a 11.45 h

Éxito do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta en Nigrán

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este domingo na entrega de premios do Campionato de España Xuvenil e Cadete de Bolo Celta, celebrado no concello de Nigrán.

Igualdade, natureza e moita diversión nos campamentos de verán do Rosal

Éxito rotundo dos campamentos de verán no Rosal, que durante a tempada estival brindaron a máis de 200 nenos unha experiencia enriquecedora e de lecer na que se promoveu o contacto coa natureza, a autonomía persoal ou a igualdade dun xeito ameno e divertido.

A oficina rural móbil visita o concello de Arbo

O vindeiro 6 de setembro a oficina rural móvil visitará o Concello de Arbo. O camión estará situado na Rúa Luis Cubelas, ao carón da oficina de correos e o horario de atención ao publico é 10:00 horas a 13:00 horas.

A obra “Unha cuestión de vida ou morte” chega a Salvaterra

A Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolle, esta semana, a estrea da obra de teatro “Unha cuestión de vida ou morte. Unha comedia de ultratumba”.

Iniciadas as obras de acondicionamento da nova aula de estudo do Porriño

O Concello de Porriño abrirá no mes de outubro a nova aula de estudo, na rúa Antonio Palacios. Os traballos de acondicionamento deste baixo, de 207,65 metros cadrados, próximo á casa consistorial, en pleno casco urbano, deron comezo a pasada semana.

Tomiño homenaxea a Pepe Coruto, un sabio do río Miño

A de José Álvarez Gayoso, Pepe Coruto, é unha vida unida de cheo ao río. Home sabio onde os haxa, inventou, innovou e empregou todo canto sabía no momento xusto para aproveitar os recursos do Miño.

Baiona laurea aos vencedores do Trofeo Príncipe de Asturias

O Trofeo Príncipe de Asturias xa ten novos vencedores. Nunha xornada en grao sumo complicada por mor da ausencia e inestabilidade do vento, a cita que organizan o Monte Real Club de Iates e a Escola Naval Militar co patrocinio de ABANCA pechouse este domingo coroando aos vencedores do seu trixésimo oitava edición.

Continúa aberto o prazo de matrícula da Escola da Banda de Música Popular de Tui

A Escola informa que ata finais de setembro o alumnado interesado en facer a matrícula para o curso 23/24 podrá facelo na páxina web ou a través do número de teléfono 886 29 28 51.

O Season Fest elimina o pago por cashless e as zonas VIP para unha mellor experiencia do público

A organización do Season Fest, que se celebrará en Gondomar do 21 ao 24 de setembro, decidiu realizar diversos cambios de concepto “para mellorar a experiencia do público” e volver a esencia da primeira edición.

A piscina do Porriño retoma a súa actividade

Comeza un novo mes e con el faino tamén o curso na piscina municipal do Porriño. As instalacións retoman a actividade no seu horario habitual.

O servizo de Atención Temperá en Covelo cumpre un ano

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, visitou o servizo de Atención Temperá, ubicado no centro de saúde de Maceira, para facer balance deste primeiro ano de funcionamento.