Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Baiona ilumina de azul a fachada do Concello polo Día Marítimo Mundial Baiona

A fachada do Concello de Baiona iluminouse este xoves, 28 de setembro, de cor azul con motivo do Día Marítimo Mundial.

Redondela continúa co Programa de Visitas Culturais e de Lecer para as persoas maiores

Tralo éxito dos anteriores programas de visitas culturais para as persoas maiores, o Concello de Redondela pon en marcha unha nova edición, esta vez, a Ribadavia e Allariz.

As Neves, Crecente, Nigrán, Tui, Mondariz-Balneario, Salvaterra, Mondariz e Covelo avanzan na transformación dixital coa Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e modernización dos mesmos grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation.

O IES A Sangriña por Europa

O IES A Sangriña está a participar nun programa Erasmus + KA210 denominado Digilinc. Trátase dun proxecto internacional de inclusión social que pretende tamén protexer a nosa lingua i expresións culturais por medio da dixitalización.

O Concello de Nigrán limpa o leito do río Muíños para previr danos ante posibles riadas

O Concello de Nigrán comezou esta semana os traballos para limpar o leito do río Muíños na tramo en que a competencia é municipal, é dicir, na zona urbana entre a desembocadura de Praia América e as instalacións de Ureca.

Covelo celebra as festas de San Miguel

Hoxe venres, o sábado día 30 e o domingo día 1 de outubro a parroquia de Fofe, en Covelo, celebra as súas festas na honra de San Miguel. Os veciños de Fofe convidan a toda a cidadanía a participar e gozar destes dous días de música e xantar popular.

A mocidade tomiñesa pon a proba o seu talento co curso de Música Urbana

O Concello de arranca o curso escolar cun novo obradoiro da OMIX de Tomiño dirixido a mozas e mozos a partir dos 14 anos. A través da Concellería de Mocidade, o vindeiro sábado 7 de outubro comeza un curso de música urbana.

O Concello de Baiona lanza unha campaña para fomentar a corresponsabilidade nas tarefas do fogar

O salón de actos do CPI de Cova Terreña en Baiona acolleu o acto de presentación da campaña de sensibilización e fomento da corresponsabilidade no ámbito dos coidados.

O Pleno de Mos aproba por maioría unha moción de apoio ao Grupo Copo e demais empresas de Monte Faquiña

O grupo de goberno local mosense do Partido Popular presentou por urxencia unha moción de apoio ao Grupo Copo e demais empresas do polígono de Monte Faquiña que foi aprobada por maioría e contando cos votos en contra do PSOE e a decisión de non votar a moción por parte do BNG.

O programa “Cultiva a Mente” do Concello de Tui chega a todas as parroquias

Traballar na prevención e promover un envecellemento activo da poboación son parte dos obxectivos do programa “Cultiva a Mente” organizado e financiado polo Concello de Tui, que dende hai cinco anos se realiza en colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Abertas as inscricións para o Trail do Trega 2023

Comeza a conta atrás para unha nova subida ao Monte Santa Trega da Guarda. Xa están abertas as inscricións para participar na carreira dos famosos castros celtas, sendo esta a terceira e última proba da competición correspondente á Pontevedra Trail League 2023.

Nigrán comeza o outono cun ciclo de teatro

O Concello de Nigrán inaugura o seu clásico ‘Outono de teatro’ este venres 29 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal coa compañía viguesa Atrezo Teatro presentando ‘Pequeatrezos’, un espectáculo composto por tres pezas de microteatro.