Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

O Campionato Galego de Optimist celebra as súas vodas de ouro en Baiona

Baiona acolle esta fin de semana a celebración das vodas de ouro do Campionato Galego de Optimist, que cumprirá os seus 50 anos de vida no Monte Real Club de Iates, o club que o viu nacer en 1970 coa organización da súa primeira edición. Cinco décadas despois daquel primeiro campionato, no que participasen 17 nenos e resultase gañador José da Gándara a bordo do “Canario”, o club baionés reunirá a uns 120 regatistas de clubs de toda Galicia nunha competición que se prolongará durante tres días.

O Servizo de Orientación Laboral de Ponteareas asesora ao alumnado dos centros educativos

A concellería de Formación e Emprego, que dirixe Vanesa Fernández, informa que o servizo de orientación laboral do concello de Ponteareas comezou as visitas aos centros educativos da comarca do Condado para informar ao alumnado das saídas laborais e tamén da oferta de estudos da que dispón.

Nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián reciben a visita da escritora Iria Misa

Os nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernández levan moito tempo esperando por unha visita moi especial. Non lles daba chegado o día...

«Falemos do Camiño» achega o legado do Camiño Portugués da Costa á Guarda

O pasado sábado día 15 de febreiro realizouse na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Consistiu nunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio.

Gonzalo Caballero coñece sobre o terreo os principais problemas aos que se enfronta Tomiño

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato socialista á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, visitou esta pasada semana Tomiño para, acompañado polas concelleiras Violeta de Santiago e Marta Misa, percorrer as instalacións de Viveros Nilo e coñecer, de primeira man, algúns dos problemas que preocupan ao sector.

O Rosal organiza un curso de cociña de «pratos de culler» con produtos de tempada

O Concello do Rosal organiza para o vindeiro mes de marzo un curso de cociña no que se aprenderá a facer pratos de culler aproveitando os recursos da zona e produtos propios da tempada de inverno.

Nigrán abre a inscrición para os cursos de prevención do deterioro congnitivo e benestar físico para maiores

Concello de Nigrán retoma o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo e benestar físico e emocional dirixido a maiores de 60 anos e pensionistas empadroados no municipio. Nesta nova edición impartiranse cinco talleres para exercitar a memoria os martes ou xoves en horario de tarde, dous talleres de 'Vivilo Corpo' que serán durante as mañás dos martes e xoves e, finalmente, tres de informática os mesmos días pola mañá.

«Mulleres en acción. Violencia Zero» chega a Crecente

O concello de Crecente acollerá este mércores 19 de febreiro a sétima acción da nova edición do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que se estreou no pasado mes de novembro. A cita terá lugar ás 18.30 horas no Auditorio Municipal de Crecente. Baixo o título “O bo rollo vai rematar”, o dúo de artistas “Dúas gamberras e un micro”, conformado polas artistas Nuria Vil e Vanessa Glemsel, poñerá o foco nas violencias machistas e a hexemonía heteropatriarcal.

E Nigrán namorouse da ciencia

O Auditorio de Nigrán encheuse na xornada participativa que, baixo o nome máis que acertado de 'Namórate da Ciencia', pechaba toda unha semana de actividades celebradas nos centros escolares con motivo do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia'. Cando as cousas planifícanse ben, con sentidiño e sobre todo con paixón, adoitan sair ben así que, dende ese punto de vista, que 'Namórate da Ciencia' saíra extraordinariamente ben, tampouco era unha sorpresa.

A Guarda homenaxea aos seus e súas deportistas na XIII Gala do Deporte

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 14 de febreiro de 2020 a XIII edición da Gala do Deporte, un evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera. Neste evento recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

Digna Rivas, “non teño máis prioridade que a defensa das miñas veciñas e veciños”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, ante as “supostas declaracións” realizadas sobre a sentenza da PassVigo e as manifestacións do PP de Redondela nas que acusaba a rexedora local de non querer defender os intereses do municipio, asegurou hoxe que, “ao contrario que o meu antecesor no cargo, que só facía o que lle mandaban dende Santiago, eu non teño máis prioridade que a defensa dos intereses dos meus veciños e veciñas fronte a quen sexa e en calquera circunstancia”.

Ponteareas acolle unha acción formativa para impulsar a plantación e aproveitamento de froitos do bosque

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e a concellería de Formación que dirixe, Vanesa Fernández, informan que o vindeiro 9 de marzo o Centro de Desenvolvemento Local (CDL) acollerá a actividade formativa “Depofroitos” que pretende impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade.