Luns, 14 Xullo de 2025

Ponteareas

Grande éxito de acollida do proxecto piloto de recollida de biorresiduos urbanos no centro urbano de Ponteareas

Ponteareas quere comezar a facer unha correcta xestión dos biorresiduos. Baixo o lema ‘Ti tes a chave’, o Concello puxo en marcha na Praza de Bugallal unha campaña de divulgación do proxecto piloto de recollida de biorresiduos no centro da vila que tivo unha grande acollida por parte da veciñanza, que se achegou ata a carpa para informarse e amosou o seu interese por comezar a participar de forma activa.

Media tonelada de alimentos recadada no VI Torneo Solidario de Bádminton 2022

Deporte e solidariedade déronse a man unha vez máis en Ponteareas esta fin de semana grazas ao VI Torneo Solidario de Bádminton 2022, un certame organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello que reuniu a 110 xogadores de centros educativos e clubs que disputaron un total de 226 partidos ao longo de toda a mañá do domingo.

Ponteareas avanza con éxito no seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible

O Concello de Ponteareas aprobaba en 2020 o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) convencido da importancia desta ferramenta para a preparación da vila ante os retos que esixe o cambio climático en todos os territorios.

A Banda de Guláns pon música ao Nadal en Ponteareas

En Ponteareas o Nadal ten banda sonora. A Banda de Música Unión de Guláns subirase este sábado 17 de decembro ao escenario da sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo para celebrar unha nova edición do seu Concerto de Nadal, unha ocasión especial para a formación na que deleitará ao público asistente cun amplo repertorio musical.

O Club Natación Ponteareas remata o ano por todo o alto

O Club Natación Ponteareas está a pechar o ano colleitando novos éxitos. Cun mes de decembro con varias citas importantes pendentes no calendario de competicións, o club ponteareán acaba de pasar con nota as dúas primeiras competicións coas que as e os nadadores dirán adeus a este 2022.

A parroquia de Xinzo despide o ano cunha fin de semana chea de música

Esta fin de semana, a Banda de Música, a Coral Cantares e a Escola de Música de Xinzo despiden o ano no que serán uns días cargados de música.

Ponteareas transfórmase coa recuperación do espazo público

O Goberno municipal de Ponteareas fixo balance das políticas de recuperación do espazo público para as persoas e de nova mobilidade que se están levando a cabo nun acto que congregou a numerosos veciños na sala multiúsos do Auditorio Municipal.

Bádminton solidario esta fin de semana en Ponteareas

Ponteareas volve amosar esta fin de semana a súa faciana máis solidaria. O deporte non competitivo será este domingo 18 o protagonista no VI Torneo Solidario de Bádminton 2022.

O Festival Algazara regresa a Ponteareas

O Festival Algazara volve tras dous anos de parón pola situación sanitaria e faino con máis ganas e ilusión que nunca. Este domingo 11 de decembro a Agrupación Folclórica Algazara celebrará, en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, o 25 aniversario deste festival.

Ponteareas prepárase para dar a pedalada na II edición da Ciclocross Borja Gómez Méndez

Ponteareas prepárase para pedalear esta fin de semana. O vindeiro domingo 11 de decembro, o circuíto das Cachadas acolle a segunda edición do Ciclocross Borja Gómez Méndez, unha proba organizada polo Club Ciclista Ponteareas en colaboración co Concello e que forma parte da Copa Galicia.

Unha unidade móbil de doazón de sangue chega a Ponteareas este Nadal

O Nadal chega a Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que estará na vila o vindeiro xoves 15 de decembro a disposición de todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

Teresa Ríos consigue un accésit no XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, traslada os parabéns en nome de todo o Goberno municipal á poetisa ponteareá Teresa Ríos, que acaba de engadir nestes días un novo galardón á súa traxectoria como escritora.