Sábado, 24 Maio de 2025

Ponteareas

A marca de calidade «Rosquillas de Ponteareas» renova a súa patente

As ‘Rosquillas de Ponteareas’ son o sabor da tradición... e marca rexistrada. O Concello vén de renovar a titularidade na Oficina Española de Patentes e Marcas deste doce tradicional. Este é un novo paso no traballo que fai o Goberno municipal “por poñer en valor e visibilizar esta sobremesa que ten recoñecemento e sona en toda Galicia”, como salienta a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil.

A Policía Local e a Garda Civil identifican ao autor dos estragos en varias árbores nas obras do camiño escolar en Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas e a Garda Civil identificaron na tarde de onte a un individuo como presunto autor de estragos en tres árbores plantadas nas obras do camiño escolar seguro na rúa Trobador Xoán García de Guillade.

O programa «Cultura24» do Concello de Ponteareas achega a música coral a Arcos

O Concello de Ponteareas achega a música coral ás parroquias ao abeiro do programa Cultura24. Este domingo 26 de marzo o Centro Cultural de...

O voluntariado municipal de Ponteareas retira máis de 575 kg de lixo na limpeza ambiental xuvenil na Ponte das Partidas

Gran labor dos rapaces e rapazas do voluntariado ambiental xuvenil, que recolleron máis de 575 kg de lixo durante a súa última saída, na que percorreron un tramo do río Tea ao seu paso pola zona da Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira.

Noite de humor por todo o alto con Cándido Pazó ao abeiro do programa ‘Cultura24’ do Concello de Ponteareas

Ponteareas gozará dunha noite de risas a esgalla esta fin de semana da man do xenio do humor galego Cándido Pazó. O autor, director de escena, narrador oral e actor chega este sábado 25 de marzo á vila ao abeiro do Cultura24, “un programa posto en marcha polo Concello co que dende hai anos tratamos de achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de vida e lecer todas as parroquias”, destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A exposición de fotografía e poesía ‘Lebres coma Gacelas’ homenaxea a Xela Arias en Ponteareas

Palabra e imaxe dialogan en perfecta simbiose en ‘Lebres coma Gacelas’, unha exposición de fotografía e poesía que chega ao Museo Municipal de Ponteareas para render homenaxe á escritora galega Xela Arias. Organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, a mostra aglutina 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográficas, inspirándose así no libro de Arias ‘Tigres coma cabalos’ no que a autora confrontaba cada unha das súas poesías con imaxes do fotógrafo Xulio Gil.

Ponteareas camiña cara unha hostalaría máis sostible

Camiñar cara a un sector hostaleiro máis sostible. Ese é o obxectivo da campaña de reciclaxe que acaba de poñer en marcha o Concello de Ponteareas en colaboración con Ecovidrio e coa que se busca facilitar a recollida e reciclado de vidro entre os locais da canle Horeca (hoteis, restaurantes e cátering) do municipio.

A Policía Local identifica a dúas persoas como autoras de novas pintadas en edificios e bens municipais de Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas identificou a dúas persoas como autoras dos danos causados nos últimos días nas fachadas da biblioteca, do auditorio municipal e da Casa do Concello, un edificio catalogado por Patrimonio. Todas as pintadas recollen as mesmas expresións contra o Goberno municipal.

O programa «Mocidade Viva» de Ponteareas ofrece este sábado unha xornada de patinaxe libre

Esta fin de semana mozos e mozas poderán coller os seus patíns e gozar dunha xornada de patinaxe libre. O Concello de Ponteareas organiza ao abeiro do programa Mocidade Viva unha nova actividade “coa que buscamos promover o lecer saudábel e alternativo para rapazas e rapaces maiores de 12 anos”, salienta o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.

Ponteareas ofrece un novo curso de monitor ou monitora de actividades de tempo libre con titulación homologada

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova edición do curso de monitor ou monitora de actividades de tempo libre, unha acción formativa con título homologado coa que se busca dotar ás persoas participantes das capacidades necesarias para realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto nun contexto urbano como natural, ademais de ofrecerlles unha oportunidade máis para atopar unha futura saída laboral.

A lingua reinvéntase en Ponteareas na Gala da Poesía

A lingua e a literatura serán as grandes protagonistas esta fin de semana da Gala da Poesía, un encontro organizado polo Concello no que conmemorar aos grandes autores e autoras ponteareás e dar visibilidade a escritoras e escritores noveis. A sala multiúsos do auditorio municipal acollerá este sábado 25 de marzo un acto aberto a todo o público no que se entregarán os premios do Certame de poesía e relato ilustrado Emilia Estévez Villaverde

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue visitará Ponteareas o vindeiro luns 20 de marzo

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará de novo Ponteareas a vindeira semana para todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de área.