Domingo, 14 Setembro de 2025

O Condado

As oportunidades formativas da mocidade, a golpe de visita na Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

O Concello de Ponteareas abriu este martes as portas da quinta edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas, un evento pioneiro que converte á vila nun grande escaparate educativo “co que rapazas e rapaces da vila e da comarca terán nun mesmo espazo a ampla oferta formativa que teñen ao seu alcance, favorecendo unha reflexión sobre o seu futuro e o seu devir profesional”, como explicou durante a inauguración a alcaldesa, Cristina Fernández.

‘Unha memoria dramática’ para debater sobre teatro este venres 10 en Ponteareas

Ponteareas acolle este venres 10 de febreiro a xornada ‘Unha memoria dramática’, unha mesa redonda que organiza o Concello en colaboración con Dramaturga na sala multiúsos do auditorio municipal na que todas as persoas participantes poderán debater sobre a relación entre teatro e represión.

Ponteareas mellorará a eficiencia enerxética e conservación da antiga escola unitaria e casa do mestre de Guillade

O Concello de Ponteareas dá novos pasos na súa aposta por instalacións máis sostibles e pola recuperación paulatina de espazos nas súas parroquias.

Salvaterra ofrece unha charla de ciberseguridade

O Concello de Salvaterra de Miño informa que o próximo luns 20 de febreiro, ás 11.00 horas no Salón de Plenos, a Garda Civil impartirá unha charla informativa sobre ciberseguridade.

Volve a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

A Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas celebra este ano a súa quinta edición consagrada como unha cita indispensable para dar a coñecer ao alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato o amplo abano de opcións formativas que ten ao seu alcance na vila e na comarca.

Salvaterra transforma a rúa Marqués de Viana da man da Deputación

A rúa Marqués de Viana de Salvaterra, unha emblemática contorna moi vinculada á historia da vila, está a ser obxecto dunha transformación integral da man da Deputación, que financia esta ambiciosa actuación a través do Plan ReacPon e o Plan Concellos.

Ponteareas agradece á Xunta que se implique no saneamento de Ribadetea

O Concello de Ponteareas amosouse moi satisfeito “por lograr que finalmente a Xunta se implique no saneamento de Ribadetea”.

Ponteareas incorpora un novo vehículo todoterreo ao parque móbil da Policía Local

Ponteareas suma un novo vehículo ao parque móbil da súa Policía Local. O Concello acaba de incorporar á frota deste corpo policial un coche eléctrico híbrido de tipo todoterreo para realizar labores de patrulla no municipio.

Salvaterra convoca unha reunión cos viticultores o vindeiro xoves

Este pasado xoves 2 de febreiro, a Consellería de Medio Rural vén de declarar a presencia da praga de corentena denominada "Flavescencia dourada da vide", ademais de establecer a zona demarcada para a praga e a adopción das medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Servizo atención temperá renóvase en Salceda de Caselas e As Neves por dous anos máis

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do servizo de atención temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación.

Salvaterra aproba as subvencións para asociacións deportivas, culturais e deportistas

O Concello de Salvaterra de Miño vén de aprobar, na sesión plenaria deste pasado luns, a bolsa de subvencións nominativas para as distintas asociacións culturais, entidades deportivas e deportistas de alto rendemento para este ano 2023.

Grande expectación veciñal polo futuro parque da rúa Sarmiento Rivera

Ducias de persoas asistiron onte á presentación do proxecto do novo parque da rúa Sarmiento Rivera, que contará con case 3.000 metros cadrados.