Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

Salvaterra de Miño acolle do 28 ao 31 de marzo a VIII Semana da Ciencia

O Concello de Salvaterra de Miño colabora na celebración da oitava edición da 'Semana da Ciencia' que se celebrará desde o martes 28 ao venres 31 de marzo no instituto da localidade. O fío condutor das xornadas é a ciencia relacionada coa Saúde Mental.

A marca de calidade «Rosquillas de Ponteareas» renova a súa patente

As ‘Rosquillas de Ponteareas’ son o sabor da tradición... e marca rexistrada. O Concello vén de renovar a titularidade na Oficina Española de Patentes e Marcas deste doce tradicional. Este é un novo paso no traballo que fai o Goberno municipal “por poñer en valor e visibilizar esta sobremesa que ten recoñecemento e sona en toda Galicia”, como salienta a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil.

A Policía Local e a Garda Civil identifican ao autor dos estragos en varias árbores nas obras do camiño escolar en Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas e a Garda Civil identificaron na tarde de onte a un individuo como presunto autor de estragos en tres árbores plantadas nas obras do camiño escolar seguro na rúa Trobador Xoán García de Guillade.

O programa «Cultura24» do Concello de Ponteareas achega a música coral a Arcos

O Concello de Ponteareas achega a música coral ás parroquias ao abeiro do programa Cultura24. Este domingo 26 de marzo o Centro Cultural de...

A alcaldesa de Salvaterra recibe no Concello ao CPA Condado, campión galego de patinaxe artístico de grupos grandes e pequenos

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, recibiu na mañá de onte no Salón de Actos do Concello, a unha pequena representación do CPA Condado de Salvaterra de Miño, clube Campión Galego de patinaxe artístico na modalidade de grupos grandes, grupos pequenos, e subcampeón en grupos junior.

O voluntariado municipal de Ponteareas retira máis de 575 kg de lixo na limpeza ambiental xuvenil na Ponte das Partidas

Gran labor dos rapaces e rapazas do voluntariado ambiental xuvenil, que recolleron máis de 575 kg de lixo durante a súa última saída, na que percorreron un tramo do río Tea ao seu paso pola zona da Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira.

Escolares de Educación Primaria de Covelo celebraron o Día da auga no Balneario de Mondariz

Balneario de Mondariz estreou, con motivo do Día Mundial da auga, un proxecto educativo para dar a coñecer a tradición e o futuro termal galego aos escolares do ciclo de Educación Primaria. Enfocado como unha xornada lúdica e interactiva na que os coñeceron as propiedades das augas mineromedicinales galegas, achegou aos alumnos do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo á importancia da auga e os seus diferentes usos.

Noite de humor por todo o alto con Cándido Pazó ao abeiro do programa ‘Cultura24’ do Concello de Ponteareas

Ponteareas gozará dunha noite de risas a esgalla esta fin de semana da man do xenio do humor galego Cándido Pazó. O autor, director de escena, narrador oral e actor chega este sábado 25 de marzo á vila ao abeiro do Cultura24, “un programa posto en marcha polo Concello co que dende hai anos tratamos de achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de vida e lecer todas as parroquias”, destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A exposición de fotografía e poesía ‘Lebres coma Gacelas’ homenaxea a Xela Arias en Ponteareas

Palabra e imaxe dialogan en perfecta simbiose en ‘Lebres coma Gacelas’, unha exposición de fotografía e poesía que chega ao Museo Municipal de Ponteareas para render homenaxe á escritora galega Xela Arias. Organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, a mostra aglutina 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográficas, inspirándose así no libro de Arias ‘Tigres coma cabalos’ no que a autora confrontaba cada unha das súas poesías con imaxes do fotógrafo Xulio Gil.

Ponteareas camiña cara unha hostalaría máis sostible

Camiñar cara a un sector hostaleiro máis sostible. Ese é o obxectivo da campaña de reciclaxe que acaba de poñer en marcha o Concello de Ponteareas en colaboración con Ecovidrio e coa que se busca facilitar a recollida e reciclado de vidro entre os locais da canle Horeca (hoteis, restaurantes e cátering) do municipio.

A Policía Local identifica a dúas persoas como autoras de novas pintadas en edificios e bens municipais de Ponteareas

A Policía Local de Ponteareas identificou a dúas persoas como autoras dos danos causados nos últimos días nas fachadas da biblioteca, do auditorio municipal e da Casa do Concello, un edificio catalogado por Patrimonio. Todas as pintadas recollen as mesmas expresións contra o Goberno municipal.

O programa «Mocidade Viva» de Ponteareas ofrece este sábado unha xornada de patinaxe libre

Esta fin de semana mozos e mozas poderán coller os seus patíns e gozar dunha xornada de patinaxe libre. O Concello de Ponteareas organiza ao abeiro do programa Mocidade Viva unha nova actividade “coa que buscamos promover o lecer saudábel e alternativo para rapazas e rapaces maiores de 12 anos”, salienta o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.