Luns, 14 Xullo de 2025

A Louriña

“A hora de dar”, a campaña solidaria do Porriño para a infancia

O Concello do Porriño súmase ao Giving Tuesday, o movemento mundial que cada 29 de novembro promove os actos de solidaridade e o altruismo.

A Xunta mellorará o instituto de Mos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o instituto da localidade de Mos, “un centro que a Xunta de Galicia vai ampliar para dar un mellor servizo á comunidade educativa”, anunciou o conselleiro.

O Porriño dá os primeiros pasos para a implantación do transporte urbano

O Concello do Porriño vén de presentar á Xunta de Galicia o seu proxecto para a implantación do transporte urbano municipal incluído na Rede de Transporte Público de Galicia.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

Así será o novo edificio de Mos con piscina subacuática

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que se aprobou en Xunta de Goberno Local concederlle licenza a unha promoción residencial de 34 vivendas en Puxeiros (zona de Correos).

A transformación chega ao comercio local de Salceda a través do programa Da Túa Man

O comercio local de Salceda de Caselas é beneficiado polas actuacións do programa Da Túa Man. Programa posto en marcha con fondos europeos a través da sinatura dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra.

Os nenos do Porriño lideran a conmemoración do 25N

A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, que dirixe Carolina González, no marco da campaña polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, propón unha serie de actividades que chaman á reflexión contra este tipo de violencia abertas á participación de todo o tecido social do municipio.

Salceda, exemplo de loita contra a violencia machista o 25N e todo o ano

O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar a programación elaborada co gallo do 25 de novembro, día da eliminación da violencia contra a muller, a través da concellaría de igualdade dirixida pola tenenta de alcaldesa Loli Castiñeira.

Finalizado con éxito o simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Syngenta

O alcalde, Alejandro Lorenzo, participou esta mañá no simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Syngenta España SA.

Alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso solicita á alcaldesa decretar un día de apagón tecnolóxico

Mos celebra o seu xa tradicional Pleno Infantil conmemorativo do Día da Infancia. A iniciativa forma parte do programa municipal de actividades cos centros educativos en horario lectivo.

O Concello de Salceda clausura o seu Programa Integrado de emprego

Onte rematou, no CDL de O Torrón o Programa Integrado de Emprego de Salceda de Caselas, nun acto que contou coa presenza da alcaldesa e concelleira de emprego Verónica Tourón e a directora do PIE Olga Carril Rial.

Cambio de horario no servizo municipal de recollida de papel e cartón comercial

A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informa dun cambio de horario no servizo de recollida de papel e cartón comercial.