Mércores, 9 Xullo de 2025

A Louriña

Salceda apura os traballos en centros escolares para que estean listos no inicio do curso

O Goberno de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, está a coordinar os traballos en centros escolares, moitos deles realizados por persoal da plantilla do Concello, para que estean listos no inicio do curso.

O Camiño da Baxiña, en Tameiga, obxecto de obras de acometida da rede de saneamento

O Concello de Mos, contando con axuda autonómica, atópase inmerso na acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Baxiña-parroquia de Tameiga”.

A Xunta ultima a posta en marcha do polo de emprendemento do Porriño

O Porriño albergará un dos 15 polos de emprendemento e apoio ao emprego postos en marcha pola Xunta de Galicia antes de que remate 2023.

Chega a Mos o proxecto “Enredando” para integrar ás persoas maiores na contorna dixital

Reducir a fenda dixital entre a poboación é o obxectivo do proxecto “Enredando”, que comezou no ano 2020 para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

O Porriño comeza as obras do antigo campo da feira

A humanización do antigo campo da feira do Porriño coñecido agora como Parque Infantil, nome dunha das rúas que o bordea, será unha realidade a comezos de 2024.

A oposición deixa sen Xefa de Gabinete o goberno de Salceda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, procedeu a asinar o cese da única persoa que exercía traballos encomendados a persoal de confianza, ao non ratificar o pleno municipal o decreto de nomeamento. O cese é efectivo dende o día 21 de agosto.

Avanzan a bo ritmo as obras da Fase I de mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos-Puxeiros

O tenente de alcalde de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo, visitaron e supervisaron onte a obra de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

O Pazo Pegullal de Salceda acolle esta fin de semana un concerto de Música no Ar

O programa cultural “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra continúa o seu percorrido este xoves, 24 de agosto, en Salceda de Caselas.

Posta a punto das Escolas Infantís mosenses de cara ao inicio do curso

O tentente de alcaldesa de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron as Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar os traballos de posta a punto de cara ao inicio do curso o mes que vén.

Tómbola Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro de Mos

A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Mos, organiza a súa tradicional Tómbola Solidaria, que se celebrará nos exteriores do Pazo de Mos, o vindeiro 16 de setembro ao longo de todo o día.

O equipo de goberno de Salceda volve someter os seus salarios a Pleno

O equipo de goberno de Salceda de Caselas volverá someter o vindeiro luns a súa proposta de salarios ao Pleno da Corporación.

O Porriño instala unha pantalla xigante para ver a final do Mundial Feminino de Fútbol

O Concello do Porriño únese á celebración do pase de España á final da Copa Mundial Feminina da FIFA e instalará unha pantalla xigante no centro da vila para que todo aquel que o desexe poida seguir en directo o encontro.