Venres, 4 Xullo de 2025

O Porriño

O Porriño dá o primeiro paso para a creación dun gran espazo verde no centro urbano

O Concello do Porriño dá os primeiros pasos para a creación dun novo espazo verde público no centro urbano, que uniría as rúas Pío XII e Antonio Palacios, coa adquisición dunha parcela de 742,19 metros cadrados no centro da vila. Trátase dunha parcela ubicada xunto á Casa Consistorial que linda coas rúas Pío XII, Antonio Palacios e o Centro da Terceira Idade, e forma parte da contorna onde se executará o proxecto.

As Gándaras de Budiño, xacemento con presenza humana máis antigo de Galicia con máis de 300.000 anos de antigüidade

O Porriño, 22 de marzo de 2023.- Os primeiros poboadores de Galicia viviron no Porriño hai máis de 300.000 anos. Así o confirman os...

Máis de 200 escolares prantan árbores no Porriño para celebrar o Día dos Bosques

222 escolares do Porriño celebraron hoxe o Día Internacional dos Bosques prantando 70 exemplares no monte. O obxectivo desta iniciativa organizada polo Concello do Porriño e a e a Así, dende o Concello do Porriño e a consellería de Medio Rural, organizouse unha xornada de reforestación que se desenvolveu nos montes da Entidade Local Menor de Chenlo, Unha zona de monte de utilidade pública que terminará sendo un gran mirador forestal.

O Porriño, comprometido coas parroquias

O Concello do Porriño presentou un balance das inversións nas parroquias durante o último ano. O compromiso do executivo que preside Alejandro Lorenzo co rural do municipio tradúcese en preto de 8.490.425 euros destinados a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do rural.

A primeira promoción do FP Dual de Pedra Natural comeza as prácticas en empresa

A primeira promoción do CM de Pedra Natural que se imparte no IES Ribeira do Louro na súa modalidade de FP Dual rematou xa a súa formación teórica e comeza a fase de cualificación en empresas do sector.

“Merca na rúa” celébrase esta fin de semana no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron hoxe a XXVII edición da feira de oportunidades “Merca na rúa” organizada por Acipor e o Concello do Porriño.

Os mozos do Porriño conciencíanse sobre o consumo de drogas

Preto de 200 estudantes de 4º da ESO do Porriño participan estes días no obradoiro de creación de curtametraxes sobre prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes organizado polo Concello do Porriño a través da concellería de Sanidade e a OMIX e financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A piques de rematar a recuperación da fonte de San Sebastián

O Concello do Porriño continúa coa recuperación da emblemática fonte de San Sebastián.

O Porriño contará cun área para autocaravanas

O Porriño contará cunha área de caravanas e autocaravanas en pleno centro urbano, un servizo que vén a sumarse aos que xa de por si ofrece o municipio.

Fegatea e Concello danse a man para levar ao Porriño o mellor teatro amador

O Concello do Porriño une forzas coa Federación Galega de Teatro Afeccionado para traer á vila cinco obras de compañías de teatro amador. A presidenta da FEGATEA, Chelo Pampillón, e a vicepresidenta da federación, Ana Rodríguez, formalizaron a súa colaboración coa administración local que incluirá na programación cultural deste ano a posta en escena de cinco representacións teatrais no Centro Cultural Municipal e en centros culturais das parroquias para disfrute da veciñanza.

Teatro amador ofrecerá 5 obras grazas a Fegatea e O Porriño

O Concello do Porriño une forzas coa Federación Galega de Teatro Afeccionado para traer á vila cinco obras de compañías de teatro amador.

O Porriño repara a cuberta do CEIP Cruz Budiño

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de acometer os traballos de limpeza e reparación da cuberta do CEIP Cruz Budiño, ante o risco de que se produciran danos persoais pola caída de cascallos do tellado do centro.