Domingo, 11 Maio de 2025

Tui

O Concello de Tui creará unha nova área recreativa na sede do CRA Mestra Clara Torres nas Bornetas

Nos próximos días iniciaranse as obras de acondicionamento da área recreativa na sede do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, nas Bornetas. Os traballos, financiados con fondos do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, tiñan un prezo inicial de licitación de 107.105,11 euros e adxudicáronse nun procedemento en aberto á empresa Sodein Solucións Integrais por un importe de 87.271,55, cun prazo máximo de execución de 2 meses.

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras para a execución dunha senda peonil na estrada PO-404, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, no concello de Tui.

A Confederación Miño-Sil mellorará a contorna do río Caselas ao seu paso por Caldelas de Tui

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellorará a contorna do río Caselas ao seu paso por Caldelas de Tui. José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, visitou a zona de actuación para avanzar no proxecto, que se atopa en redacción, acompañado por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e a concelleira Ana María Núñez.

Maxia e teatro abren a programación cultural no Teatro Municipal

Con dobre proposta comeza esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui. Hoxe xoves, 4 de marzo, ás 18:30 h 2 Mind Combined presenta 'Maxia sen trucos' e o venres 5 de marzo ás 19:30 horas, La Quintana presenta a súa comedia 'O Premio'.

Tui a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”

A aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, en Tui acolle este sábado, 6 de marzo, a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”. Ao longo da xornada, de 11.30 a 17.30 h, celebraranse distintas conferencias e visitas guiadas centradas nesta vía xacobea.

Tui reinviste unha baixa do Plan Concellos nun tanque e chafariz de combustible co software de control

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral. A concellería de Formación e Emprego puxo de novo en marcha este servizo de orientación laboral para o emprego dirixido a persoas empadroadas no municipio e que se atopen en proceso de procura de emprego ou se expoñan a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui retomaron a ensinanza presencial

Desde o pasado luns, 22 de febreiro, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui retomaron a súa actividade lectiva presencial en todas as especialidades e materias salvo nas clases onde participan instrumentos de vento.

O Teatro Municipal de Tui retoma a programación con seis espectáculos no mes de marzo

A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25 %. A presentación tivo lugar onte a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.

A rede de fibra óptica xa está dispoñible en 8 parroquias do rural do Concello de Tui

A rede de fibra óptica xa está despregada en moitas parroquias do Concello de Tui e tamén se esta implantando no centro urbano a través de vía área, eliminando deste xeito o cableado cara as vivendas. Trátase dun plan de implantación que no vindeiro 31 de decembro deste ano debería estar rematado.

Tui acolle a exposición “Jewish Journeys / Viaxes Xudías” da Biblioteca Nacional De Israel

Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020.

Zona Franca realizará un plan estratéxico de Tui que analizará o seu tecido económico e ofrecerá ferramentas para a toma de decisións

O Consorcio da Zona Franca de Vigo poñerá en marcha un plan estratéxico sobre Tui e a súa comarca para analizar as oportunidades e aproveitar as súas fortalezas. O delegado do Estado, David Regades, reuniuse onte co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para concretar a realización deste traballo de análise, que ofrecerá ferramentas para a toma de decisións.