Mércores, 14 Maio de 2025

Tui

Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença

O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.

A Oficina de Rehabilitación ofrece información e asesoramento sobre as axudas para a compra de vivenda no centro histórico convocadas polo IGVS

A Oficina de Rehabilitación do concello de Tui ofrece información e asesoramento sobre as axudas convocadas polo IGVS, Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a compra de vivenda en centro históricos, entre eles o de Tui.

Artesacía estrea “Illas Desertas” no Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30 h, a estrea de “Illas Desertas” da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía. A obra está escrita e dirixida por Artesa Cía con textos de SebastIán Álvaro.

O parque infantil do Montiño obxecto de actos vandálicos ás poucas horas de rematar a súa reparación

O parque infantil situado no Montiño, en Rebordáns, foi obxecto de actos vandálicos ás poucas horas de rematar a súa reparación.

Músicas no Minho

O MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

A élite do piragüismo de Dinamarca adestrará nas próximas semanas en Tui

Tui volverá a ser sede dunha concentración de deportistas de alto nivel, esta vez de piragüismo. Dende hoxe sábado, 20 de marzo, e até o 5 de abril, o equipo Dansprint, da cidade de Hvidovre de Dinamarca, xunto a dous integrantes da propia selección nacional danesa, entre eles o actual Campión do Mundo de Maratón sub23 e do Descenso Internacional do Sella, Mads Brandt Petersen, adestrarán en Tui.

Actuación de eliminación de especies invasoras na beiras do río Tripes

O Concello de Tui vai dirixirse aos sesenta propietarios e propietarias de terreos lindeiros coa zona Dominio Público Hidráulico nas beiras do río Tripes ou Cotarel para solicitar a súa autorización para estender ás súas parcelas a actuación de loita contra especies exóticas invasoras que vai realizar a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

A Xunta reforza os servizos no Parque Natural do Monte Aloia cunha zona de lecer e biosaudable e a posta en valor da súa...

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegáronse ata o Centro de Interpretación Casa Forestal Ingeniero Areses para supervisar unha dobre actuación na que se investiron 33.000 euros e que contempla a creación dunha zona de lecer con xogos infantís e elementos biosaudables e a posta en valor e mellora da súa senda botánica.

Tui presenta novo material turístico guiado por Francisco Sánchez e Dona Urraca

O Concello de Tui presentou onte o novo material turístico conformado por un mapa xeral da cidade e dúas rutas 'O tesouro de Salomón' e 'O túnel de dona Urraca'. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso; a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás, foron os responsables desta presentación, á que asistiron tamén representantes dos grupos presentes na corporación municipal.

O Concello de Tui continúa co plan de aforro enerxético nas instalacións deportivas

Dende o ano pasado e seguindo o plan de aforro enerxético establecido polo Concello de Tui, estase substituíndo a iluminación nas instalacións deportivas municipais con luminarias led, o que permitirá un aforro considerable no custe eléctrico anual. O Campo Municipal de Fútbol 'Álvarez Durán', de céspede sintético, súmase ao Pavillón Deportivo Municipal Novo, aos Pavillóns Deportivos do IES San Paio, do CEIP de Guillarei e da Macoca, nesta tecnoloxía. O Pavillón Deportivo Municipal Vello será o próximo en contar con esta iluminación.

A película gañadora do Goya de animación “A Galiña Turuleca” proxéctase este xoves no Teatro Municipal

Esta semana continúa a programación cultural no Teatro Municipal de Tui coa proxección da película “A Galiña Turuleca”, seleccionada como mellor película de animación na edición dos Premios Goya 2021.

O Concello de Tui reinviste 9 mil euros dunha baixa do Plan Concellos en equipamentos informáticos

O Concello de Tui vén de adquirir novos equipamentos informáticos grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos 2018/19 da Deputación de Pontevedra de “Mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello) en Tui" por importe de 9.189,95€, IVE incluído.