Luns, 14 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Protección Civil de Tui realizou máis de 300 servizos durante o 2022

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou en 2022 un total de 304 servizos nos que as persoas voluntarias da asociación empregaron 2.475 horas. En concreto ao longo do ano pasado Protección Civil de Tui interveu en 82 accidentes de tráfico e en 7 accidentes laborais.

Oia amplía a oferta do obradoiro de teatro

O Concello de Oia amplía a oferta do obradoiro de teatro veciñal con sesións específicas para o público infantil (de 6 a 12 anos). Serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres de 18.30 a 19.30 horas no Centro Cultural de Pedornes. A continuación celebrarase o de persoas adultas, de 19.30 a 21.00 horas.

Convocado o concurso para a elección do cartel das Festas de San Telmo 2023

O Concello de Tui abre a convocatoria do concurso para a elección do cartel anunciador das Festas de San Telmo 2023, no que poden participar artistas plásticos, creadores e creadoras ou calquera persoa que estea interesada. Establécese un único premio de 700 euros e diploma.

Abertas as inscricións no programa ‘O Río que nos Une’

Aberta a pre-inscrición para a participación no proxecto O Río Que Nos Une impulsado por FOCO, a Cámara municipal de Caminha e o Concello da Guarda, que consta de tres encontros de fin de semana GRATUÍTOS no Mosteiro de São João D'Arga, en Caminha, Portugal.

A Eurocidade Tui-Valença está de aniversario

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h (ES).

Entroido, cine, música e literatura enchen de lecer o Rosal en febreiro e marzo

O Concello ten preparada unha programación cultural cargada de actividades para encher O Rosal de vida e lecer durante os meses de febreiro e marzo.

Tui prepárase para celebrar o Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau

Tui prepárase para celebrar as festas de Entroido con dúas citas destacadas marcadas no calendario deste mes de febreiro. Serán o martes 21, festivo local, data na que se celebrará o desfile concurso de grupos e comparsas, e o domingo 26 cando co Enterro do Bacallau despedirase o Entroido deste ano.

O Rosal sumará 10 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos

O Concello do Rosal prevé incorporar este ano 10 novos traballadores e traballadoras contratadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para o que xa solicitou á administración provincial unha subvención de case 134.000 euros aos que se sumarán máis de 3.000 que achegará o propio Concello.

Tui participará nas URBACT#InfodayES

O Concello de Tui, representado polo alcalde, Enrique Cabaleiro, participará esta semana, o mércores 8 e o xoves 9, en Vic nas URBACT#InfodayES. Trátase dunhas xornadas que teñen coma obxectivo crear redes de traballo entre cidades europeas en materia de desenvolvemento urbano sustentable.

O CRA Mestre Manuel Garcés enche Tomiño de desexos de paz nunha botella

Os nenos do CRA Mestre Manuel Garcés volven encher Tomiño de ilusión e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Paz.

Citas para a renovación do DNI na Guarda en febreiro

O vindeiro martes día 7 de febreiro de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2023.

A Guarda presentou a asociacións e entidades as actuacións aprobadas no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino

O concello da Guarda consegue sacar adiante o “Plan de Sostibilidade Turística en Destino” (PSTD) presentado á convocatoria extraordinaria do ano 2022 que xiraba en torno a enogastronomía.