Luns, 14 Xullo de 2025

O Baixo Miño

As inscricións para a Carreira de Entroido 2023 na Guarda rematan este xoves

A Guarda acolle este sábado día 18 de febreiro de 2023 a Carreira de Entroido, un evento deportivo que terá comezo ás 18:00h con saída e chegada na Alameda da Guarda e que contará cun percorrido aproximado de 4 quilómetros.

CRA Mestre Manuel Garcés, un novo xeito de ver a educación

Unha nova forma de ver a educación, cun proxecto renovado de pés a cabeza no que fomentar a autonomía, sen materias nin libros de texto, adaptada á forma de pensar dos nenos e nenas, á súa espontaneidade, e tendo moi en conta a contorna.

Este mércores inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Cali en Tui

Este mércores, 15 de febreiro, inaugúrase a exposición de debuxos e pinturas de Hixino Castillo “Cali” na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica. Poderá visitarse até o 18 de marzo.

A Deputación alcanza un investimento histórico no Baixo Miño

“As administracións teñen a obriga de dar conta sobre o uso que dan aos recursos públicos”. Con esta premisa compareceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun almorzo informativo en Tui.

O Rosal presenta na Xunta os problemas de seguridade viaria na PO-353

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, mantiveron un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta, Francisco Menéndez, e co xefe de servizo provincial de Pontevedra, Manuel González Juanatey, para abordar de forma urxente a falta de seguridade viaria na estrada PO-353.

O Concello de Tui denuncia as pintadas vandálicas realizadas na rúa San Telmo

O Concello de Tui deplora as pintadas vandálicas realizadas nun tramo da rúa San Telmo, en pleno conxunto histórico de Tui, e que afectan a diversas vivendas e á igrexa de San Telmo.

A Eurocidade Tui e Valença acollerá quince probas deportivas este ano 2023

A Eurocidade Tui-Valença presentou o seu Calendario Deportivo da Eurocidade 2023 con máis dunha decena de probas deportivas de múltiples disciplinas que se celebrarán ao longo deste ano e grazas a colaboración dos dous municipios transfronteirizos.

A selección galega absoluta de remo está esta fin de semana concentrada en Tui

Esta fin de semana, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a concentración da selección galega de remo olímpico na categoría absoluta masculina e feminina.

A Guarda renovará o alumeado exterior do Campo de fútbol da Sangriña

A Deputación de Pontevedra procederá á retirada das 22 luminarias que existen actualmente no Campo de fútbol da Sangriña e instalará luminarias de tecnoloxía LED.

Tui aposta polo amor coa campaña “Namórate de Tui”

O Concello de Tui lanzou a campaña “Namórate de Tui” para celebrar o Día de San Valentín, que será o próximo martes 14 de febreiro. Con esta iniciativa busca fomentar as compras no comercio local, así como o consumo nos restaurantes do municipio, aproveitando a próxima celebración desta data sinalada.

Concello e UD Ribera perfilan as necesidades do campo de fútbol da Mata

O Concello do Rosal continúa apostando pola renovación de infraestruturas contando coa participación veciñal.

O Partido Popular de Tui anuncia a incorporación de Anabel Solla

O Partido Popular de Tui anunciou que Anabel Solla pasará a formar parte do equipo de traballo que Nico Montes está a conformar de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Anabel ocupa os cargos de Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI), da que tamén é socia fundadora, Secretaria da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.