Martes, 15 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado

O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.

A Deputación mellorará o camiño escolar da EP-3102

A Deputación mellorará a mobilidade peonil no camiño escolar da EP-3102 ao CEP Pedro Caselles, no concello de Tomiño, cunha nova achega do IDAE de 239.444 euros a través do Programa DUS 5000 de axudas para inversión a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, financiado con fondos NextGeneration EU.

En marzo celebrarase o I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença

O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto.

O Rosal revoluciona mentes a prol da igualdade

O Rosal segue a revolucionar mentes na súa loita pola igualdade e contra a violencia de xénero., Ao abeiro do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello pon en marcha varias iniciativas para visibilizar ante a veciñanza a importancia de acadar a igualdade real, tamén entre os máis pequenos.

A Xunta continúa coas obras da VAC Tui-A Guarda

Xunta segue traballando nas obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas, uns traballos que fixeron preciso o corte de tráfico nocturno ente as 22:00 horas de onte e as 06:00 horas de hoxe, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55.

Populares de Tui suma a tres integrantes máis

Populares de Tui segue dando pasos de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. Na última semana, presentaron a tres integrantes que acompañarán a Nico Montes na candidatura para as vindeiras eleccións.

Arte, música e poesía no Rosal polo Día de Rosalía

O Concello do Rosal conmemora o Día de Rosalía con poesía, música e moita arte. Este domingo 26 de febreiro, o auditorio municipal acolle a Gala do Día de Rosalía, un encontro no que o público poderá achegarse á figura da ilustre autora especialmente a través da palabra.

Corte de tráfico hoxe na PO-552debido ao paso da competición ciclista “O Gran Camiño”

Oia formará parte do itinerario dunha das etapas da competición ciclista “O Gran Camiño”. Por esta causa, hoxe venres a última hora da mañá será preciso cortar o tráfico na estrada PO-552, durante o tempo no que os deportistas realicen seu traxecto pola localidade (aproximadamente uns 30 minutos).

Tomiño premia o seu deporte

Tomiño continúa apostando polo deporte e polos seus deportistas. Despois de tres anos sen poder celebrar o evento a causa da situación sanitaria, o Concello recupera a Gala do Deporte.

Chegan as esperadas Andainas A Guarda – Caminha Primavera 2023

O Concello da Guarda organiza esta primavera un total de 4 andainas coincidindo cos días de maior luz solar para animar aos veciños a facer deporte e descubrir o noso entorno tras estes meses de frío.

O Consorcio do Louro convida a visitar as súas instalacións

O venres 13 de marzo de 2020 o CIFP A Granxa, de Ponteareas, realizaba unha visita guiada á estación depuradora de augas residuais de Guillarei.

Chega ao Rosal ‘Santoalla’, o crime que conmocionou Galicia e inspirou ‘As bestas’

O cine toma o relevo da axenda cultural no Rosal esta fin de semana e faino cunha proposta na que documental, terror e suspense se mesturan para ofrecer unha nova forma de contar este tipo de historias.