Sábado, 19 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda comprometida co medioambiente

O concello da Guarda incorpora dous puntos de recollida de cápsulas de café, esta iniciativa parte da petición cidadá de ter un lugar onde poder deixalas para que posteriormente sexan recicladas tanto o envase como o café do seu interior.

“O traxe novo do Rei” chega o mércores a Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este mércores, 24 de maio, ás 18 h a representación de “O traxe novo do rei” da man da compañía de monicreques Tarabelos Teatro. É un espectáculo para público infantil recomendado a partir dos 3 anos.

Ferido un home tras caer dunha bicicleta no Rosal

O accidente tivo lugar onte domingo, pasada a unha do mediodía, cando o 112 recibiu o aviso deste accidente a través dun particular, que explicaba que o implicado tropezara cunha póla e caera.

Antonio Lomba lamenta que Rueda marchase da Guarda sen prometer solucións ás cuestións que o Concello leva pedindo a Xunta dende hai anos

Antonio Lomba, candidato socialista á alcadía da Guarda, lamenta que “o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viñera onte ata A Guarda e marchase sen prometer solucións ás cuestións que o concello lle ten plantexadas á Xunta". “Seguiremos esperando por parte da Xunta e do candidato do PP vontade política para desbloquear proxectos moi importantes para a Guarda que son competencia do goberno autonómico, rexeitando por exemplo apoiar o acceso sur ao porto".

A Guarda acolle a exposición ‘Mulleres represaliadas no Cárcere de Tui(1936-1939)’

Esta Exposición é unha lembranza a todas as mulleres represaliadas e nela encontraremos varias mulleres da Guarda e tamén do Baixo Miño que pasaron polo Cárcere de Tui. A exposición poderá visitarse de forma libre na Casa do Alonso, desde o día 18 ata o 26 de maio en horario de 08:00 a 15:00.

O alumno tudense Rodrigo Buján premiado no IV Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España

Rodrigo Buján Fernández, alumno de 2º da ESO do Colexio Maristas Santa María de Tui, é un dos gañadores do IV Concurso de Microrrelatos, convocado pola Red de Juderías de España, no que participou alumnado de 1º e 2º da ESO de toda España.

A Real Federación Galega de Motonáutica imparte en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación

A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello de Tomiño e o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño impartirá un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Este curso celebrarase o vindeiro venres 2 de xuño na contorna do Espazo Fortaleza de Goián e contará con prazas a tarifa reducida para persoas con mobilidade reducida.

A Guarda festexou por todo o alto o Día das Letras Galegas nunha xornada repleta de música e baile

O pasado mércores día 17 de maio o Auditorio de San Benito da Guarda acolleu o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderon tributo ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

Violeta de Santiago traballará “por un Tomiño que pase das promesas ás realidades” e que “escoite as demandas da veciñanza”

Cheo absoluto no Centro Cultural de Figueiró para respaldar a candidatura de Violeta de Santiago á Alcaldía de Tomiño. A candidata prometeu traballar por “un Tomiño das realidades, superando o Tomiño das promesas”. Afirmou que o actual Goberno municipal é “incapaz, está esgotado, é arrogante e padece unha total falta de ideas, que se plasma en obras sen sentido e alleas ás demandas que fai a veciñanza”.

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

O Concello abriu este mesmo xoves 18 de maio o prazo de inscrición no campamento de verán municipal para nenos e nenas matriculados durante o curso 2022/2023 en educación infantil ou educación primaria que estean empadroados no Rosal ou que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio.

Antonio Lomba considera “unha prioridade” a renovación integral da piscina municipal da Guarda no vindeiro mandato

A Guarda é un concello referente en materia deportiva no eido das infraestruturas, no apoio aos clubs, entidades e deportistas, na celebración de eventos e por contar cun importante e variado movemento asociacionista que, da man do actual grupo de goberno socialista, dinamiza a vila.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui conta cunha alta taxa de inserción laboral

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acadou xa o 46 % de insercións laborais entre as 100 persoas participantes nos cinco primeiros meses de actividade.