Luns, 12 Maio de 2025

O Baixo Miño

Os Servizos Sociais de Tui coordinan a atención as persoas vulnerables durante o estado de alarma

Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.

Oia reanuda o proceso selectivo para a contratación de 10 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Tras a suspensión de todos os procedementos nas Administracións públicas por mor do estado de alarma para xestionar a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, este luns 11 de maio reanúdase o proceso selectivo para a contratación de 10 traballadores ou traballadoras ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Tui pon en marcha unha plataforma de venda online para o comercio local

O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19.

A Feira do Viño do Rosal reinvéntase para adaptarse á nova realidade

Concello e adegueiros do Rosal traballan xa man a man para reinventar a Feira do Viño do Rosal e ofrecer un evento alternativo non presencial co que celebrar a XXVIIII edición os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo. A situación pola que está a atravesar a sociedade a nivel mundial pola pandemia da COVID-19 fai que moitos eventos con alta afluencia de xente previstos para o mes de xullo non poidan celebrarse, polo menos non do mesmo xeito do que se viñan facendo ata o de agora.

O Rosal reanuda o luns 11 a atención ao público de xeito presencial

O Concello do Rosal xa está a tomar as medidas necesarias para a súa reapertura ao público o vindeiro luns 11 de maio. Ese día reanudaranse os servizos de atención ao público de xeito presencial, aínda que seguirá tendo carácter prioritario a atención telefónica e telemática, como viña sucedendo ata o de agora dende o comezo do estado de alarma.

Tomiño aproba novas axudas de emerxencia por alimentos chegando a axudar, ata o de agora, a un cento de persoas

O Departamento de Benestar Social de Tomiño, vén de aprobar esta semana novas axudas de emerxencia por valor de 860 euros, destinadas a cubrir gastos de alimentos, transporte e internet para cinco novas familias(9 persoas, 340 euros) e tamén prórroga por alimentos para outras 4 familias (16 persoas 520 euros).

A Guarda abre o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2020/2021

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda deu conta as persoas interesadas da apertura do prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/21. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 11-22 de maio para nenos e nenas matriculados e con praza no curso anterior (2019/2020) e do 25 de maio ó 5 de xuño para nenos e nenas de novo ingreso.

O Punto Limpo do Rosal reabre a vindeira semana con cita previa

O Concello do Rosal reabrirá a partir da vindeira semana o Punto Limpo despois de que tivera que ser pechado durante o estado de alarma para evitar e previs contaxios por COVID-19 tanto do persoal municipal como dos usuarios e usuarias. Para evitar aglomeracións e posibles contaxios, o Concello porá en marcha diferentes medidas de precaución, entre elas a necesidade de pedir cita previa para poder acudir a levar os residuos.

As alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño piden a colaboración da veciñanza para manter limpa a fronte das súas fincas

As alcaldesas do Rosal e Tomiño, Ánxela Fernández Callís e Sandra González, e os seus homólogos de Tui e A Guarda, Enrique Cabaleiro e Antonio Lomba, mantiveron esta semana unha nova reunión virtual no marco da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, na que acordaron sacar un bando para apelar á responsabilidade da veciñanza para que esta bote unha man na limpeza das frontes de parcelas que dean á vía pública

Tui permitirá ampliar as terrazas e anula a taxa de ocupación

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou no día de hoxe ao sector hostaleiro e de restauración do municipio "a exención das taxas das terrazas a todos os establecementos desde o inicio da declaración do Estado de Alarma e durante o tempo que se manteña esta situación extraordinaria". Esta decisión foi acadada no seo da corporación municipal. Esta medida acompañarase ademais, da posibilidade de ampliar os espazos ocupados polas terrazas para facilitar así o cumprimento das recomendacións de distancias entre mesas e evitar a redución da capacidade na medida do posible.

Tui modifica a Ordenanza de Emerxencia Social para poder pagar axudas económicas directas

Debido a necesidade detectada durante o estado de alarma de poder axudar ás familias cunha achega económica directa para a compra de alimentos, o Concello de Tui procedeu á modificación da Ordenanza Municipal de Axudas de Emerxencia Social. Tras ser aprobada no pleno extraordinario celebrado o pasado 16 de abril, onte publicábase no BOPPO a modificación desta ordenanza.

O Concello da Guarda facilitará a ampliación de terrazas e o espazo do ‘mercadillo’ dos sábados

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, trasladará á próxima Mesa de Comercio a intención do executivo local de permitir a ampliación do espazo que os bares, cafeterías e restaurantes destinan a terrazas que se atopan en solo de competencia municipal.