Potenciar a gastronomía e os produtos e servizos cos que alegrar o día a día ao tempo que se estreitan lazos coa clientela en plena época de illamento social. Ese é o obxectivo da campaña de outono que acaba de poñer en marcha o Mercado de Tomiño, unha campaña de promoción baseada nos novos hábitos que trouxo consigo a crise sanitaria e que busca manter o contacto cos usuarios e usuarias e seguir dando un servizo de calidade incluso ante a posibilidade dun novo confinamento.
A Rede de Xudarías de España pon a disposición dos profesionais turísticos e o público xeral os seus cursos de formación online (https://redjuderias.org/los-cursos-de-formacion-online-de-la-red-de-juderias-de-espana/).
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición “Sempre Vivas” para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.
Nas próximas semanas comezarán as obras do parque infantil e biosaudable de Areas, que suporán un investimento de 53.495,08 €, financiados polo Plan Concellos 2018. A empresa Activa Parques e Jardines SL foi a adxudicataria dos traballos que terá un prazo dun mes para a súa execución.
A aula de estudo habilitada na Casa da Cultura de Tomiño rematou esta semana o seu acondicionamento e xa está dispoñible para o seu uso. A aula dispón dun total de 40 prazas, as cales contarán na súa totalidade con conexión a internet mediante WiFi ou cable Ethernet.
Grande acollida do concerto da artista Sés o pasado venres no Rosal. A situación epidemiolóxica obrigou ao Concello a reinventar esta cita coa cantareira coruñesa, que finalmente se celebrou en vivo no Auditorio Municipal para un aforo reducido de persoas e vía streaming para o resto do público a través das redes sociais municipais e da canle de Youtube da cantante
O Concello do Rosal aprobou a pasada semana en Xunta de Goberno o inicio da licitación das obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico que hai nesa contorna. As empresas interesadas xa dispoñen de toda a documentación da licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público e terán ata o vindeiro 3 de decembro para presentar ofertas.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, da a coñecer esta semana o Plan de Compostaxe Municipal á cidadanía guardesa con dúas charlas, que terán lugar o mércores día 18 de novembro ás 17:00 h no local da Entidade Local Menor de Camposancos e o xoves día 19 de novembro ás 10:00 h no Salón de Plenos do Concello da Guarda.
O Concello do Rosal quere felicitar a Lucinda, a persoa de maior idade do municipio. Este luns Lucinda celebraba o seu aniversario rodeada da súa familia e soprando as 106 velas da tarta na súa casa en San Miguel de Tabagón.
O Play2 Grow!, o proxecto Erasmus compartido polos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), organiza nesta semana un intercambio de experiencias didácticas entre docentes de diferentes entidades musicais.
A Deputación de Pontevedra colaborará co Concello de Tui para que os xardíns da Praza de San Domingos poidan ser incorporados á Ruta da Camelia. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro realizará unha catalogación dos 10 árbores existentes na praza e facilitará así o traballo do Concello, que pretende realizar un proxecto de posta en valor, incrementando o número de exemplares, antes da presentación da solicitude.
Manuel Madarnás, músico da Banda de Música Popular de Tui e docente na súa escola de música, vén de acadar o terceiro premio no concurso de trompeta 'Valeraiano Marchí Esparza', certame que ten a súa sede en Valencia e que neste atípico 2020, e debido á crise da COVID, realizaouse no formato online.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.