Mércores, 17 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban Trail Night Eurocidade

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui.

Programa de activades do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

O día 25 de novembro terá lugar, ás 12:00 h na Casa dos Alonsos, un acto conmemorativo onde as e os portavoces dos diferentes partidos políticos terán a oportunidade de manifestar a súa repulsa contra todas as manifestacións da violencia machista e o seu compromiso coa igualdade.

Aurora Marco presenta en Tui o seu libro “Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos”

Este mércores, 22 de novembro, ás 19 h na Sala Félix Rodríguez a escritora e investigadora Aurora Marco que presentará o seu último libro titulado “Carmiña Sierra. A primeira muller no Seminario de Estudios Galegos”.

Obradoiros, música, charlas e arte para camiñar cara á igualdade no Rosal

O Rosal avanza no seu compromiso a prol da igualdade e contra a violencia machista. Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello organizará obradoiros, concertos, charlas, exposicións e diferentes accións de visibilización coas que concienciar e sensibilizar á veciñanza.

“Encontros en familia” continúa na Guarda mañá 21 de novembro

Mañá, martes día 21 de novembro, continúa na Guarda Encontros en familia coa sexta sesión “O Acoso Escolar. Detección, prevención e intervención familiar Nesta...

Rematan as novas instalacións de biomasa na Cañiza, Redondela e Tomiño

Rematan as novas instalacións de biomasa que impulsou a Deputación de Pontevedra en edificios municipais de seis concellos da provincia, que contaron cun orzamento total de 463.000 euros, dos que o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu unha axuda de 387.900 euros a través do fondo FEDER 2014 – 2020.

Tomiño acolle a gala de entrega de distincións do programa Vilas en Flor

Tomiño é a localidade elixida para acoller a gala de entrega de distincións do programa Vilas en Flor, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos e que chega á súa sexta edición cun novo récord de participantes.

O Rosal rematará a súa San Silvestre cunha gran chocolatada e sorteo de premios

O Rosal quenta motores para acoller unha nova edición da súa tradicional San Silvestre, unha proba que volve con ganas de reunir a todos os rosaleiros e rosaleiras para desfrutar do último día do ano.

As bandas sonoras protagonizan o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui

A Banda de Música Popular de Tui vai celebrar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, cun concerto solidario en beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño protagonizado polas bandas sonoras.

Tomiño realiza dous talleres de autoestima dirixidos a mulleres

O Concello de Tomiño continúa camiñando cara á igualdade e a erradicación da violencia de xénero cunha ampla variedade de actividades coa que conmemorar o 25N.

Chega a X edición do Trail do Trega

O Concello da Guarda acolleu a presentación do X Trail do Trega, o cal esgotou dorsais e reunirá esta fin de semana a máis de 600 corredores. Nesta décima edición os participantes terán a oportunidade de correr e compartir experiencias xunto a Luis Alberto Hernando, triplo campión do mundo de trail e padriño oficial da proba.

Oia adquire un novo vehículo eléctrico coa axuda da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Oia, que recibiu unha axuda de máis de 28.000 euros grazas ao Fondo de Compensación Ambiental para a compra de un vehículo.