Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

“LEIRA”, un espectáculo de danza e música sobre as labores do campo, chega a Tomiño este sábado

“LEIRA”, o exitoso espectáuclo de danza e música sobre as labores do campo, que esgota as entradas alá a onde vai, chega este sábado (5 de marzo) a Tomiño.

O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

O Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas tres anteriores edicións desta iniciativa, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

O Concello da Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día das enfermidades raras

O Concello da Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello na Praza do Reló en cor verde. Deste xeito o Concello, que manterá o alumeado en cor verde para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.

A Guarda abre un prazo extraordinario de inscrición para o desfile de Entroido do vindeiro domingo 6 de marzo

Ante a chegada da choiva o desfile previsto para tarde de onte, martes 1 de marzo foi aprazado para a tarde do domingo 6 de marzo, respectando o mesmo horario e percorrido: saída ás 17:30 h da Esquina Famosa (Rúa Porto Rico), Rúa Galicia e Rosalía de Castro (Alameda).

A Omix da Guarda programa varias formacións de balde para este mes de marzo

A OMIX do Concello da Guarda lanza as primeiras actividades de formación de este ano 2022. As actividades propostas arrancarán neste mes de marzo, son actividades de balde e coma sempre procuran a participación da mocidade en particular pero tamén do resto da poboación en xeral.

Tomiño únese ao Reto para aumentar a taxa de reciclaxe do colector amarelo

Tomiño é un dos 13 municipios galegos (o único da comarca) que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recollidos a través do colector amarelo.

A Xunta reforza desde este xoves o transporte público aos institutos de Baiona e O Rosal e ao Centro de Saúde de Nigrán

A Xunta activará este xoves, 3 de marzo, novos servizos de autobús e realizará pequenos axustes nas liñas para mellorar o transporte aos institutos Primeiro de Marzo de Baiona e A Sangriña do Rosal, ademais de mellorar a conexión co centro de saúde de Nigrán.

COGAMI e o Concello da Guarda manteñen unha reunión de traballo

Na xornada do pasado venres día 25 de febreiro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes de COGAMI para recibir información e facer unha valoración do servizo que este colectivo está prestando no municipio.

Volve o cineclub Poleiro ao Auditorio de Goián con catro grandes propostas para os 1º xoves de mes

Despois do parénteses obrigado pola pandemia e as obras realizadas no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro volve con enerxía renovada. O día 3 de marzo proxecta a primeira longametraxe deste ciclo

A Guarda apraza o Desfile de Entroido para o domingo día 6 de marzo

A vista das previsións meteorolóxicas desfavorables con choivas para a tarde do martes de Entroido, o desfile de Entroido previsto para esta xornada aprázase para o vindeiro domingo día 6 de marzo.

O Rosal inicia a ampliación do mercado, financiado co Plan Concellos

Acadar un espazo vivo e con futuro para dinamizar O Rosal económica e socialmente. Este é o obxectivo co que o Concello do Rosal aborda as obras de remodelación do Mercado Municipal, que acaban de entrar na súa segunda fase.