Como vén sendo tradicional, o segundo domingo do mes de xuño celebrarase o curro de Mougás, que na edición deste ano prevé reunir un total de 400 bestas e 120 poldros.
O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da Praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño e na Praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.
Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló.
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño dá o salto ao país veciño na súa promoción. Autoridades galegas e lusas mantiveron este mércores un encontro no WOW Porto de Vila Nova de Gaia con influencers e representantes de axencias de viaxe e empresas do sector para presentar o territorio “nunha rexión que levan toda a vida visitándonos e sentíndose como na súa casa, como nós nos sentimos aquí”.
O número de visitantes rexistrados na Oficina Municipal de Turismo durante o mes de maio foi 2.713, dos que 1.209 foron peregrinos (607 de procedencia internacional e 602 nacionais) e 1.504 turistas (1.216 nacionais e 288 de procedencia internacional).
Mañá xoves, 9 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Arquivos, o Concello de Tui entregará á Catedral tudense unha reprodución facsímile do diploma concedido polo rei Fernando II á sede tudense no ano 1170.
O Concello do Rosal busca a dúas persoas novas para ofrecerlles o seu primeiro emprego. Trátase de dúas contratacións que se realizarán ao abeiro do programa ‘Primeira experiencia profesional’ da Deputación de Pontevedra, a través da que se ofertará un posto para unha persoa graduada en Dereito e outro para unha persoa graduada en Arquitectura técnica.
As comunidades de montes en man común das parroquias de Baldráns e Caldelas de Tui e as asociacións A Insua, Acueducto e Val de Flores así como membros da asociación comisión de festas de Baldráns reuníronse co equipo da Axenda Urbana de Tui para analizar o presente e conversar sobre o futuro das súas parroquias.
Dende o Concello da Guarda anímase á poboación guardesa a participar nesta actividade na que se recollerán residuos na Praia do Muíño, organizada pola Deputación de Pontevedra xunto con SEO/BirdLife este vindeiro sábado día 11 de xuño na praia do Muiño as 10:00h da mañá e que terá unha duración aproximada dunhas 2 horas.
O Rosal dá un novo paso para converterse nun municipio máis inclusivo e accesible. O Concello vén de sacar a licitación a instalación do ascensor e a reforma interior do pavillón municipal para a mellora da accesibilidade vertical.
Dende o día 31 de maio, tras a firma ante notario do presidente da Banda e o presidente da Comunidade de Montes de Guillarei, a Banda de Música Popular en Tui conta cun local de ensaio, despois de chegar a un acordo coa Comunidade.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.