Domingo, 4 Maio de 2025

O Rosal

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o 5 de xuño

Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) enviará a vindeira semana ao Rosal unha nova unidade móbil. Será o vindeiro 5 de xuño, data no que o autobús para a doazón de sangue estará situado na rúa Ramón Franco, nº 4.

O ciclismo volve esta fin de semana co XVII Trofeo Montes do Rosal

O Rosal volve ser esta fin de semana epicentro do ciclismo. Este sábado 3 de xuño celébrase o XVII Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista O Rosal e que conta coa colaboración do Concello, da Comunidadade de Montes Santa Mariña do Rosal, da Federación de Ciclismo Galego, da Fundación Deporte Galego e da Deputación de Pontevedra, así como doutras entidades e empresas.

Voluntarios medioambientais do Rosal preparan unha nova saída en Fornelos

O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.

Un home queda atrapado tras envorcar o seu tractor no Rosal

Os familiares e veciños que se atopaban no punto liberaron ao condutor, que quedou atrapado por un brazo baixo a máquina.

O Rosal pecha o ciclo ‘Cafés en igualdade’ falando da presión estética

O Rosal pecha esta semana o seu ciclo de ‘Cafés en igualdade’, un programa creado polo Concello para xerar un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese.

Ferido un home tras caer dunha bicicleta no Rosal

O accidente tivo lugar onte domingo, pasada a unha do mediodía, cando o 112 recibiu o aviso deste accidente a través dun particular, que explicaba que o implicado tropezara cunha póla e caera.

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

O Concello abriu este mesmo xoves 18 de maio o prazo de inscrición no campamento de verán municipal para nenos e nenas matriculados durante o curso 2022/2023 en educación infantil ou educación primaria que estean empadroados no Rosal ou que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio.

A mostra sobre o herbario de Rosalía visitará Ponteareas, O Rosal, Redondela e Tomiño

O Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, dentro da súa programación anual sobre Rosalía de Castro, levará a mostra ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía, con imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora, a seis comarcas da provincia ata final de ano.

O famoso bandoleiro galego Toribio de Mañón chega ao Rosal

A Praza do Calvario prepárase para acoller un novo espectáculo ao abeiro do Primavera na Praza, un programa co que empregar a cultura non só como actividade de lecer para a veciñanza, senón tamén como forma de convivencia e de encontro social para desfrutar do Rosal.

O Rosal cóidase para previr enfermidades

A unidade móbil do programa ‘Coidados porta a porta’ chega este mes ao Rosal para achegar servizos asistenciais ás persoas maiores que viven no rural e previr así diferentes enfermidades que poden chegar a causar dependencia.

O Rosal homenaxea á lingua no Día das Letras Galegas 2023

O Rosal prepárase para homenaxear á lingua no Día das Letras Galegas. O vindeiro mércores 17 de maio, a Praza do Calvario acollerá un amplo programa de actividades de balde durante a tarde co que conmemorar esta data, que este ano busca recuperar a memoria e render tributo ao escritor Francisco Fernández del Riego.

Feira, música, deporte e moita solidariedade esta fin de semana no Rosal

Fin de semana de grande actividade no Rosal, no que a música, o deporte e o comercio mesturaranse coa solidariedade na Praza do Calvario.