Xoves, 10 Xullo de 2025

A Guarda

O Obradoiro de Emprego da Guarda colabora co Departamento de Turismo traballando na promoción turística

A petición do departamento de Turismo do Concello, o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, estanse levando a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da vila.

Continúa a oferta de obradoiros gratuítos para comercio, hostalaría e empresas

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local continúa nos meses de febreiro e marzo coa oferta de obradoiros gratuítos dirixidos a comercio, hostalería e empresas.

Os alcaldes do Camiño Portugués da Costa demandan unha solución ao paso do esteiro do Miño para o Xacobeo 22

Dende mediados de 2021 os alcaldes e alcaldesas de: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, veñen reclamando intervención da Xunta de Galicia para resolver algúns problemas do Camiño Portugués da Costa.

Novo servizo de atención por videoconferencia “Catastro Directo(Cadi)”

A Dirección Xeral do Catastro informa da posta en marcha do novo servizo de atención por videoconferencia “Catastro Directo (CADI)”.

O Concello da Guarda saca a licitación da cafetería da Estación Marítima

O Concello da Guarda ven de publicar a licitación do contrato administrativo especial de cafetería-restaurante na Estación Marítima da Pasaxe.

A Guarda celebrará o Entroido con programación na Alameda e o tradicional Desfile do Martes de Entroido

Tras a obrigada interrupción do ano 2021 pola pandemia da Covid-19, A Guarda retoma este ano a programación de Entroido, que comezará o sábado 26 de febreiro e rematará o martes 1 de marzo coa celebración do Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos.

A Guarda súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro

O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do seu 185 aniversario. Múltiples serán as homenaxes e actos de recordo a celebrar dende diferentes institucións da xeografía galega.

A Xunta acada o 25 % de execución da vía de alta capacidade Tui – A Guarda

A Xunta acadou xa o 25% de execución das obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda entre o enlace coa A-55 e o polígono de Areas, que supoñen un investimento autonómico de 21,2 millóns de euros.

A grupo socialista urxir á Xunta a resolver o problema de transporte entre A Guarda e Caminha co obxectivo de dar continuidade ao Camiño...

A deputada socialista Leticia Gallego visitou hoxe A Guarda, xunto ao seu a alcalde, Antonio Lomba, para presentar unha batería de iniciativas para urxir á Xunta a resolver o problema de transporte entre o concello guardés e o municipio portugués de Caminha co principal obxectivo de dar continuidade ao Camiño Portugués pola Costa no seu paso polo esteiro do Miño.

A Guarda contará co servizo móbil de nova xeración

O Concello da Guarda informa que en vindeiras datas contarase na vila co servizo móbil de nova xeración na banda de 700 MHz coas principais operadoras móbiles

O Concello da Guarda felicita a Carmen Rodríguez González no seu 100 aniversario

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, visitaron na xornada deste luns día 14 de febreiro a Carmen Rodríguez González coincidindo co seu 100 aniversario.

O concello da Guarda busca o apoio do sector turístico para o Camiño Portugués da Costa

O pasado xoves 10 de febreiro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, mantiveron unha reunión coas empresas de aloxamento turístico.