Martes, 13 Maio de 2025

A Paradanta

Volve a «Festa da Colleira» á parroquia de Sela, Arbo

Un ano máis a Asociación Virxe do Carme de Sela organiza a tradicional Festa da Colleita na Feira en Sela, no municipio de Arbo ós días 11 e 12 de outubro. A xornada Festiva arranca o martes día 11 de outubro ás 20:00 horas coa actuación do DJ. Deivis e Pégate, mentras as persoas asistentes poderán degustar chourizos asados de maneira tradicional.

O Concello de Covelo convida a coñener o río Alén e as súas historias

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo informa da apertura do prazo de inscrición para o roteiro do río Alén e Barcia de Mera que terá lugar este domingo día 9 de outubro.

A rehabilitación do Centro Social para maiores de Arbo avanza a bo ritmo

O Concello de Arbo xa ten en marcha a rehabilitación do edificio sito no lugar da Chan, que se converterá no novo local social para maiores e que avanza a moi bo ritmo tras as primeiras semanas de obras.

O serradoiro dos Carranos en Covelo volve abrir as súas portas este domingo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar na novena xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos.

Covelo organiza a observación de estrelas no Alto do Castelo do Faro

Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana trinta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro.

Rematadas as obras de humanización no barrio da Estación

O pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30/09/2020 (R.E. núm. 982).

Oportunidade única para contemplar dende a cruz o cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos

O Concello de Covelo convida á cidadanía a participar na oportunidade única de visitar o cruceiro de ánimas do Cristo dos Aflixidos dende outra perspectiva, dende a cruz na que un anxo recolle nun cáliz o sangue do costado de Xesús crucificado.

A Cañiza incorpora unha nova ruta de sendeirismo

O pasado 18 de setembro, o Concello da Cañiza inaugurou a nova ruta de sendeirismo de "Fontefría PR-G 206", incluída no plan de reordenación de sendeiros do concello. Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación de rutas de sendeirismo diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 206 e a PR-G 207.

A Xunta renovou fontes e lavadoiros en Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de rematar as obras de restauración e recuperación da arquitectura tradicional dos fonte-lavadoiros de Pazo do Casal e da Rastrada, ambos no Concello de Crecente.

Covelo e a UVigo promoven o coñecemento científico entre a cidadanía

O Concello de Covelo e a Universidade Vigo veñen de asinar un convenio de colaboración para promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico na procura dunha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade.

Covelo ofrece un curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos do medio rural

A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa da celebración dun curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos vinculados co medio rural.

Covelo abre a inscrición para o curso de informática e internet aplicado ás explotacións do medio rural

O goberno de Covelo informa da celebración dun curso de informática e internet aplicado ás explotacións do medio rural.